Crónica do procés: rabia, incredulidade, respecto, amor... Os sentimentos dos cataláns en Galicia

Cataláns que viven ou viviron en Galicia teñen a sensación de que o procés rematará a favor dunha solución democrática cara o soberanismo. Hainos que cren que a UE acabará obrigando a buscar esa vía democrática. Todos coinciden en que "él lamentable" que nun estado democrático se xulgue a activistas sociais como os Jordis.

Por Moncho Mariño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2019 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

As visións de cataláns que pasaron ou están en Galicia axudan a entender un punto máis os acontecementos dos últimos días. Ben sexa porque están de volta alá, ben porque aínda vivindo aquí están pendentes dos acontecementos destes últimos tempos. A reclamación dunha vía democrática que solucione a cuestión está en boca de todos e todas. Mais entenden que a postura do Estado, de continuar así, pode dificultar a vía democrática dun novo referendo.

Manifestación independentista en Barcelona, no día de folga xeral convocada contra a sentenza do 'procés'
Manifestación independentista en Barcelona, no día de folga xeral convocada contra a sentenza do 'procés' | Fonte: @JonInarritu en Twitter.

Falamos con tres cataláns para que nos conten como viven unha situación que, para máis de un, pasa por vivir momentos hilarantes ou desproporcionados no seu día a día. Desde logo que quen vive en Galicia sente distanciamento cando non rexeitamento polo simple feito de ser catalán. Con todo, mostran optimismo fronte a un futuro incerto a curto e medio prazo, pois ou “o proceso soberanista é inevitable” ou “a UE quere que isto se resolva” de maneira democrática porque “quere estabilidade”

“AQUÍ APRENDÍN A USAR A RETRANCA”

Susana Montesinos descende de inmigrantes en Cataluña. Uns de Extremadura e outros de Alicante. Con todo, declara que “son filla da inmersión lingüística” e como profesora de catalán, viviu momentos de certa hostilidade cando comezara dar aulas en barrios onde o “90% falaban en castelán”. Sobre a súa primeira impresión cando veu a Galicia describe as reaccións ao feito de ser catalana como “algunhas hostís, tópicos que escoitas sempre, ter que defenderte frente a eles, o meu entorno está ligado ao movemento independentista,  polo demais ter que facer moita pedagoxía”.

A pedagoxía que aplicaba e segue aplicando Susana refírse sobre todo a “cando falabas da independencia de Cataluña xa te vinculaban a Junts per Catalunya, á dereita, e eu tiña que dicirlles que non”. E remontase cara dez anos atrás “isto movérono desde o 2009 veciños do Maresme, que son vilas mariñeiras moi pequenas e é un movemento que vai de abaixo para arriba”. Mesmo “tiña que explicar que non era nacionalista, son independentista, o mesmo que quero para o pobo saharaui como para Galicia”. E engade “aquí aprendín a usar a retranca”.

Concentración convocada pola plataforma 'Galiza con Catalunya' en Santiago de Compostela tras a sentenza do procés
Concentración convocada pola plataforma 'Galiza con Catalunya' en Santiago de Compostela tras a sentenza do procés

En liñas xerais, para esta pedagoga, a súa primeira impresión en Galicia foi “iso que se fala do auto-odio, iso desgástame moito aquí, teño unha filla que naceu aquí e quero que se sinta orgullosa de ser catalana e galega”. Afeita a unha sociedade onde os dereitos se defenden dunha maneira máis activa, sinala que “agora é un momento de moito movemento nas rúas, eu estiven na Praza do Toural en Santiago e non houbo moita xente nova, dame moita pena, porque no meu país hai dous millóns de persoas na rúa e aquí non vexo ese activismo”. A imaxe das manifestacións son un sinal de que “a violencia está institucionalizada, están alimentando ese odio e creando esa infamia mediante medios que pagamos todos”.

Sobre as solucións posibles ao momento que se vive en Cataluña, Susana cre que “isto non ten solución fácil, cómpre moita resilencia, resistir, isto non vai máis rápido”. Susana ve que mesmo xente non ligada ao soberanismo ou independentismo catalán, sente a necesidade dunha solución nas urnas. “Toda a miña familia materna era de Extremadura e a miña nai votou toda a vida a Izquierda Unida, e mesmo ela me dicía: é que isto non pode ser, é inxusto”. Por iso remata dicindo que “isto vai de democracia, isto resólvese votando, a sentencia caeu como un golpe moi duro, viñamos de dous anos de prisión preventiva, con persoas como os Jordis, como se fosen asasinos, se es de esquerdas non o podes permitir”.

“ESCOITEI A UNIONISTAS DICIR QUE A INDEPENDENCIA É IRREVERSIBLE”

Eduard Velasco pasou dez anos en Galicia. “Quería vivir en Galicia e cando vin o que sucedía en Cataluña volvín para vivir alí”. Eduard decribe a atmosfera como “días difíciles para todos polo que estamos vivindo, seguramente non me colles nun momento de moito optimismo”. Aínda así “volvín a Cataluña porque quería vivir este momento tan intenso e chegeui no momento álxido, tres semanas antes do un de outubor (1-O, día do referendum de 2017)”

No momento da chegada sentíu que había “un pacto de silencio que foi bo ou conveniente para non falar segundo que ambientes como o laboral para manter a cordialidade”.  Non obstante, agora sente que hai un cambio, que as persoas comezan a falar porque “ven que todo saltou polos aires e falan desde a cordialidade e intercambio de posicións”. O momento para Eduard “é tan duro que hai que tomar determinacións que non pasan polo diálogo aínda que tamén reclaman ese diálogo”.

As posturas adoptadas desde o Goberno central para este filólogo “é lamentable, facer o mesmo que cando acontecía o de Euskadi, condenar a violencia, seguirlles o xogo de condenar a violencia e mesmo cando se condena, tampouco se fai nada”. O discurso tamén pasa por sinalar a división mesmo dentro de familias, ao que Eduard responde que “agora comezamos a falar do tema mais dunha maneira menos vehemente, desde a serenidade, como que chegou o momento de falar”.

As posturas varían, a sensación era que o nacionalismo catalán estaba virado á dereita. Eduard di sobre iso que “o nacionalismo non leva a ningunha parte, falamos de independentismo e soberanismo porque son multiculturais, multirraciais, son abertos e plurilingües”. Esa apertura do soberanismo podería reforzalo máis co paso do tempo, cousa que levaría a persoas contrarias ao proceso soberanista a dicir que “o proceso de independencia é irreversible, mesmo xente dos corpos de seguridade”. Por iso Eduard remta que  “Cataluña terá un estado propio, mais pode tardar, dez ou vinte anos, nunca se sabe”.

“O 1-O CAERON MOITAS MÁSCARAS DO ESTADO ESPAÑOL”

Andratx Badia estivo traballando como lector de catalán na Universidade de Santiago. En 2017 “estiven nunha mesa electoral o 1-O, participando na defensa dun colexio electoral”. Para el foi un día “de triste memoria pola represión desproporcionada pola Policía Nacional e Garda Civil”. Aínda así tamén fora un día en que “se sentía a complicidade de persoas que non coñecías de nada, para que se puidese votar”.

Durante a súa estadía en Galicia, Andratx puido saír do debate “máis de partido, vía outras perspectivas”. Iso non evitou que tivese que explicar moitas veces “unha cousa é o que ves nos medios, o relato político de Madrid, outro é a xente da rúa”.

“Eu son dos que pensa que isto vai acabar máis cedo que tarde”. Non pola boa intención do goberno español “senón porque hai datos como a importancia de Cataluña como economía produtiva para España e rexión económica europea”. Andratx sente que a UE quere estabilidade e por iso haberá movementos “desde instancias internacionais para que isto se resolva, que haberá amnistía e cun referendo, porque a única gramática que entende Europa é a democracia”.

A actitude do Goberno central antes e despois do referendum do 1-O, deixou ver tanto para el como para moitos e moitas catalanas que “caeron moitas máscaras do estado español, coa detención de mozos e mozas menores de vinte anos sen acusacións realmente probadas, a opinión pública en Europa presionará aos seus gobernos para que haxa unha solución”.

O referendum tamén demostrou que a cuestión catalana non era tan coñecida no exterior como calcularan desde as posicións soberanistas. Aínda así, ese mesmo día da consulta, Andratx conta como “cando a policía entraba en colexios electorais a primeira notificación foi dun medio estranxeiro, The Guardian, isto está na axenda internacional e terá repercusión”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Xoina

Xa e suerte dar con tres catalans independentistas. Os demais parece que non exiten. A "indapandansia" supon a rachadura da caixa única da seguridade socia, non si? Viva a solidaridade dos pobos de España. Viva a constitución

1 Caselas

Pois mira que ben nos vai coa cacareada solidariedade: a caixa común xa está vaciada, en 45 anos as desigualdades medraron e non son recuperables, os pobres son cada vez máis pobres e xa hai moitos territorios desertizados. Entón debías berrear 'Viva El Rei e a súa corte de privilexiados!'.

2 nostrus

Hay que diferenciar bien porque una cosa son los catalanes y otra cosa los separatistas catalanes, los renegados, los desleales, los que se creen mas listos que los demas, los insolidarios que creen que si a los demas les toca menos a ellos les tocará mas. Pero aún así, a pesar del estómago que hay que hacer para respetarlos, podemos llegar a respetarlos porque son tan españoles como nosotros y tienen nuestros mismos derechos, pero ellos no tienen derecho a apropiarse de lo que es de todos para ellos solos. España es de todos, de ellos tambien, y si se quieren ir de España que lo hagan y se lleven lo que es de ellos, pero el territorio que lo dejen porque no es solo suyo, sino que es de todos.

1 Gamela

Valoración dende Galicia: Susana recoñece que “cando fala da independencia de Cataluña xa te vinculaban a Junts per Catalunya, á dereita, e eu tiña que dicirlles que non” (?) ¿Non son acaso Torra e Puigmont os que máis présa teñen pola Independencia (DUI)? ¿Non son ambos representantes da máis rancia Dereita Catalana? ¿E Logo? /// Eduard Velasco afirma que o nacionalismo catalán estaba virado á dereita! E engade que o nacionalismo -de dereitas- non leva a ningunha parte, falamos de independentismo e soberanismo porque son multiculturais, multirraciais, son abertos e plurilingües” (cóntallo á UPG!) “Cataluña terá un estado propio, mais pode tardar, dez ou vinte anos!” Estamos de acordo, cando o mundo sexa un lugar habitable para tódalas culturas sen excluir a ninguén! (Queda claro que para acadar ese obxectivo NON VALEN ATALLOS dende Waterloo!)

1 Gamela

Andratx Badia defende unha visión ultraliberal do tema: "Cataluña como gran economía produtiva para España e rexión de importancia económica estatéxica para Europa" (se non fora polos miles de millóns de euros que o Estado Español leva investidos en Cataluña nos últimos 30 anos DE COLABORACIONISMO con Madrid (Gobernos do 3% para Pujol e Cía) é moi posible que a competitividade económica de Cataluña fose semellante ao atraso económico de Galicia?) Conclusión: Susana debera dicir NON á Dereita de Pedralbes se quere camiñar lixeira! // Eduard sabe que o futuro está nunha república onde os dereitos da xente estean en primeiro lugar (nese caso cicais non faría falta independencia algunha, pois todos teríamos unha República Independente dos Mercados!) ///

2 Gamela

Andratx posiblemente acerte (?) se son os Mercados Internacionais os que deciden quen é e quen non é independente para poder fagocitar mellor o pastel (senon que llo pregunten a Feijoo que cando ten eleccións viaxa a Mexico e saca investimentos da chisteira, pero logo, cando toca PAGAR, pagamos tódolos galegos o concurso de acreedores de Barreras, Alcoa, etc.) /// En resumo: Non é a independecia, é a xustiza social o que cómpre conquistar primeiro!

3 Casimiro

Que simpático e que ridículo! Como se todo o independentismo fose a dereita corrupta, no lugar de transversal e de diferentes clases. É como dicir que no nacionalismo español son iguais desde Podemos a Vox! No do idioma nótase que escoce, pois a Galicia Bilingüe de Gamela agora pretende disfrazarse de plurilingüe con Hablemos Español! E a traca final: como as uvas están verdes, aturade baixo España a que maduren. Será que separados os cataláns será máis difícil lograr o mundo ideal? Patético!

4 Gamela

Tranquilo Casimiro vexo que sigues a pacer no prado fértil da UPG, se hai algo patético é precisamente o punto terceiro desta Blasfemia (?) http://www.terraetempo.gal/artigo.p... Unha vez que eliminedes os "ideoloxismo da esquerda" teredes vía libre para declarar o Estado Nacional Popular (da Corea Galega) Na República de Paco todos temos os "cerebros infestados de colonialismo" A ver cantos votos apañades ???

5 Gamela

Casimiro -esquecíame- pregúntalle a Paco que nos explique de vagar e punto por punto en que consiste a súa tese do "Nacionalismo Internacionalista" (?) ese no que os povos sen Estado (cado o teñan) vanse voltar por arte de birlibirloque en SOLIDARIOS coa causa dos demáis pobos asoballados do mundo? É algo que chirría no meu pobre cerebro colonizado, pero que nunca entendín nin entenderei dende Maquiavelo ate hoxe !!!

6 Caselas

Pois mira que Marx debeu errar, xa que o caso da liberación nacional dos a avanzados cataláns é de libro (igual Gamela é máis revolucionario, da República lndependiente do Ikea!). E Lenin, sen ser nacionalista, equipara liberación nacional e democracia radical (superará Gamela tal teórico do internacionalismo proletario, sobre todo cando defende a caridade de Amancio Ortega, verdade?). A tontería cúrase fácil: é Cuba máis solidaria desde que se independizou de España? Sendo colonia dos yankees, non. Despois, desde postulados da esquerda, SI, indiscutible: pregunta por África e América Latina. E de paso, españolista da falsa esquerda, chora pola Cuba perdida!

7 Gamela

Caselas, a ver se non misturamos todo...! Unha cousa é (era) o "internacionalismo proletario" (Cuba) e outra ben distinta o "nacionalismo internacionalista" (UPG) ! Lembra que tódolos rapaces cubanos pasaban 5 anos de servizo obrigatorio en Angola e logo ían a Checoslovaquia a facer unha especialización profesional antes de regresar a Cuba! (Non sei se ese é o modelo de Paco Rodríguez?) Pero poderías preguntarlle aos rapaces que hoxe queiman bandeiras na praza do Toural se estarían dispostos a REGALAR non xa cinco anos, un simple ano das súas vidas a prol do INTERNACIONALISMO NACIONALISTA (?) Eu vexo máis trepas camiño do Parlamento do Hórreo que outra cousa... Ti verás!