Gonzalo Caballero acusa ao PP de utilizar á TVG para atacar á ex ministra Elena Espinosa

O secretario xeral do PSdeG denuncia a "campaña" contra a edil socialista de Vigo Elena Espinosa, tras as publicacións de OKdiario.

Por E.P. | LUGO | 30/10/2019 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, atribuíu ao Partido Popular a "campaña" contra a edil socialista de Vigo Elena Espinosa e convidou á Televisión de Galicia a "falar do que preocupa a xente". Así se pronunciou ao ser preguntado sobre a información publicada polo dixital Okdiario que asegura que a exministra forma parte dunha 'offshore' con sede en Panamá e as declaracións nas que Espinosa negaba esta cuestión.

Respecto diso, Gonzalo Caballero considerou que o Partido Popular "está moi preocupado" porque ve que as eleccións "non as vai a gañar". "E nós non imos caer nas estratexias do PP e desvirtuar o debate político", subliñou.

E é que, o dirixente socialista deixou claro que os socialistas seguirán traballando para que o 10N haxa unha "maioría clara" de progreso a pesar das "campañas" na súa contra feitas desde "o PP", os "sectores conservadores e tamén desde os medios nos que o PP pode influír".

Ademais, o xefe de filas do PSdeG aproveitou para pedir á televisión pública de Galicia que "fale do que lle preocupa aos galegos". "Que fale a TVG da sanidade e de como Feijóo recorta a sanidade na Mariña e que non tente desvirtuar o debate político", manifestou.

Elena Espinosa (dereita), nun pleno no Concello de Vigo
Elena Espinosa (dereita), nun pleno no Concello de Vigo | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Intoxicación ou non deberamos falar de TODO especialmente en Vigo onde nos últimos meses acaba de desembarcar a Empresa de Manuel Jove e cicais habería que explicar as DEZ ALTURAS ou o REGALO dunha hectárea en Samil (2,6 M) ? Se Elenita non ten nada que ocultar seríalle doado presentar documentos (pero xa non é OKDiario é tamén LVG) As cousas que pasan en VIGO son moitas e moi misteriosas e non hai dios que poda falar delas! https://twitter.com/GamelaNova/stat...

1 Gamela

Ao día seguinte: non hai de que preocuparse, resulta que segundo Manuel Rodríguez que Elena Espinosa figure nos papeis de Panamá é un ERRO ! (xa quedamos máis tranquilos) https://www.lavozdegalicia.es/notic... ¿Por que o meu nome nunca sae nin por error en ningún papel millonario? Será que non teño Baraka ?