A Deputación coruñesa presenta un orzamento de 184 millóns para dar "estabilidade" aos municipios

O seu presidente, Valentín González Formoso, confía en que "máis dunha" forza política o apoie no pleno do día 21.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/11/2019 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, e o vicepresidente da institución, o nacionalista Xosé Regueira, reivindicaron as contas para 2020 --que se debaterán no pleno do día 21-- como un orzamento "prudente" que buscar "dar estabilidade" aos municipios.

Xunto ao deputado responsable da área de Economía e Facenda, Antonio Leira, e o portavoz do goberno provincial, Bernardo Fernández, ambos destacaron que o importe, un 0,22% máis que o deste exercicio, é "unha fotografía inicial" á espera de que se concreten os orzamentos do Estado.

"A boa noticia é que imos ter orzamento", expuxo González Formoso, quen confirmou que xa contan con "o compromiso dalgunha forza política" para o respaldo a estas contas. "Esperamos que sexa máis dunha", admitiu a este respecto.

Das contas, dixo tamén que buscan "garantir o funcionamento" da institución provincial e "dar estabilidade orzamentaria aos concellos", ademais de incidir en que é un documento "flexible" ante a previsión de incorporar novos ingresos, unha vez que se coñezan os orzamentos a nivel estatal.

ACTUACIÓNS

"Son un exemplo de responsabilidade política", dixo, á súa vez, Regueira ao incidir en que se descartou prorrogar o actual orzamento, que partiu cunha partida de 183 millóns e terminará o ano con máis de 480 millóns.

Do orzamento para o próximo ano, González Formoso destacou, por outra banda, o Plan Único, o principal programa de investimentos da Deputación, cunha consignación inicial de 41,2 millóns de euros.

Ademais, destinaranse 11,8 millóns á área de Acción Social ou 10,1 millóns á área de Cultura. Á área de Medio Ambiente, destinaranse 2,5 millóns e outros 8,1 millóns serán para a de Promoción Económica.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o seu vicepresidente, Xosé Regueira, presentan o orzamento para 2020. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o seu vicepresidente, Xosé Regueira, presentan o orzamento para 2020. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta