Sabes onde se fai a roupa de Zara, Berska, Pull&Beer, Stradivarius, Massimo Dutti ou Oysho?

Inditex renovou a pasada semana o Acordo Marco Global de condicións laborais coa federación internacional de sindicatos IndustriAll Global Union. Nos últimos anos Pablo Isla insistiu en mellorar a imaxe do xigante téxtil tras informes e documentais que o puñan no punto de mira polas duras condicións laborais das traballadoras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/11/2019 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Hai tempo que Galicia deixou de ser o mercado téxtil do xigante Inditex. A medida que a empresa fundada por Amancio Ortega foi collendo peso e importancia, a producción trasladouse a terceiros países; primeiro a Portugal e despois a Marrocos e Turquia.

Sede central do Grupo Inditex.. INDITEX - Arquivo
Sede central do Grupo Inditex.. INDITEX - Arquivo

Inditex superou este ano os 12.800 millóns de vendas. O grupo alcanza cifras históricas de vendas, beneficio e posición de caixa nun primeiro semestre. Gañou 1.549 millóns no primeiro semestre, un 10% máis. E como son posibles estas cifras?. Hoxe a maior parte das prendas das marcas de Inditex (Zara, Berska, Pull&Beer, Stradivarius, Massimo Dutti ou Oysho) fanse nestes tres países. De feito, é Turquía o principal proovedor de Inditex e, desde hai unhas semanas, Marrocos desbancou xa a Portugal na segunda posición.

Case o 60% da produción de Inditex provén destes tres países, sobre todo, en Turquía, onde a rede de subministración da multinacional conta con  case 1.300 fábricas que empregaban a case 150.000 traballadores. Destas, 250 eran provedores directos de Inditex. Este país facturou productos téxtiles nos oito primeiros meses deste ano por valor de 272 millóns .

No caso de Marrocos son case 300 fábricas e talleres que empregan a máis de 65.000 traballadores fundamentalmente na zona de Tánxer e Casabranca. As exportacións marroquís de produtos téxtiles a Galicia totalizaron 155 millóns de euros, un alza do 58,3%.

Este incremento é superior este ano ao de Portugal, que baixou ao 50,3%. Con todo, continúa como sexto provedor de artigos de moda a España, a maior parte para a industria de Inditex. De feito, este país especializouse nos últimos anos na confección téxtil e conta con máis de 6.000 empresas dedicadas a este sector, principalmente, na área metrpolitana do Porto. A facturación de todas elas ascende a 3.340 millóns de euros anuais.

Nenos sirios traballando para as grandes industrias téxtiles, entre elas Zara e Mango, en Turquia, nun programa da BBC
Nenos sirios traballando para as grandes industrias téxtiles, entre elas Zara e Mango, en Turquia, nun programa da BBC

O TRABALLO

As condicións laborais neste países, principalmente en Turquia e Marrocos, teñen provocado dores de cabeza no consello de Administración de Inditex. Tantos que o seu conselleiro delegado, Pablo Isla, decidiu impulsar un Acordo Marco Global de condicións laborais en 2007. Un acordo que Isla e o secretario xeral da federación internacional de sindicatos IndustriAll Global Union, Valter Sanches, renovaron a pasada semana na sede da Organización Internacional do Traballo (OIT) en Xenebra (Suíza).

Desta forma, Inditex convértese na primeira empresa de distribución de moda no mundo en contar con esta estrutura, segundo informou a compañía. En concreto, ambas as organizacións acordaron a creación dun comité sindical global para compartir as mellores prácticas en materia de promoción dos dereitos á liberdade sindical e á negociación colectiva como base do fortalecemento das condicións laborais dos traballadores da industria da vestimenta, o téxtil e o calzado. Un acordo para tentar mitigar, en parte, a mala imaxe que existe sobre as condicións laborais nestes países.

AS CONDICIÓNS LABORAIS

Inditex acelerou a renovación deste convenio tras o informe realizado en 2016, coordinado por Comisións Obreiras e elaborado por Isidor Boix e Víctor Garrido, e no que se constaban “importantes deficiencias” laborais nas fábricas de Turquia e Marrocos. A conclusión conxunta é que se detectaron "problemas importantes en relación coa saúde, a seguridade, o horario e a forma de contratación dos traballadores temporais”. Cuestións que tamén se denunciaran nun informe da Fundación Changing Markets e nun documental da BBC que foi moi duro coa situación dos traballadores.

Este informe puxo enriba da mesa as diferencias entre países, que seguen sendo importantes. Así, o salario mínimo en Turquía está nos 525 euros e a  xornada semanal adoita ser de 50 horas.  Nos talleres de Marrocos, pola contra, a situación aínda é peor e o soldo medio é inferior aos 300 euros mensuais cunha notable diferenza entre os traballadores rasos e o persoal de oficina. A xornada laboral é de 8 ou 9 horas diarias, de luns a venres, e algúns sábados realizan 4 horas, chegando a un máximo de 44 horas semanais.

Tanto en Turquia coma en Marrocos, a maior parte dos traballadores son mulleres cunha media de 35 anos e unha antiguedad de entre 4 e 5 anos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Indités Cojones

Faise no terceiro mundo con soldos do cuarto (da condena en Brasil por escravitude, etc non falan os medios, mercados e caladiños por S.A.R. Sr. D. Amancio Corleone...)

1 lasta

Cada país ten a súa regulación do mercado laboral. Os sindicato suecos poñen o grito no ceo porque Ikea din que explota aos traballadores españois ao pagarlles soldos duns mil euros, cando en Suecia cobran 2.000. Inditex foi a salvación das clases populares porque antes vestían con roupa de feira --os do BNG seguen vestindoa-- e agora visten roupa cun deseño aceptable.

1 Bateiro

Sí, e ti e os demáis do PP vestides roupa da batea!!!

2 lasta

¿Eu do PP? Ti flipas colega. Eu de Abascal e sobre todo de Ortega Smith, todo un home, e me escusarás que non cite a medios homes onde ti militas, pero hai dabondo, ti xa mintiendes... Feliz Día Mundial do Retrete!!!