La Voz de Galicia aposta por publicitar a política sanitaria de Feijóo

Leva a súa portada dixital unha entrevista co xefe de xinecoloxía do CHUO defendendo o peche do paritorio de Verin e outra sobre as novas unidades do Chuac, cando miles de persoas saíron á rúa na localidade ourensá este sábado.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/12/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Unha gran reportaxe sobre “A sanidade que traerá o Novo Chuac” e unha longa entrevista con José Luis Doval, xefe de Xinecoloxía do CHUO, defendendo o peche do paritorio de Verin,  na portada da edición dixital de La Voz marcan a estratexia deste medio de comunicación en defensa da privatización da sanidade pública do goberno de Feijóo. Unha relación co PP cimentada nos millóns de euros de subvencións públicas que recibe este medio anualmente e que poderían servir para mellorar, precisamente, a sanidade ou a educación.

De feito, a publicación destas dúas noticias en portada, contrasta co escaso eco que están tendo as protestas continuas e numerosas dos profesionais da sanidade --médicas, enfermeiras, celadoras, atención primaria, centros de saúde--, e tamén dos cidadáns galegos, en contra da privatización da sanidade, a última delas, este sábado en Verin, con milleiros de persoas.

A diferencia do que fai La Región de Ourense, que leva esta protesta a súa edición dixital, cunha ampla cobertura, La Voz de Galicia, preferiu relegar a noticia da manifestación só nas páxinas de Ourense, e abrir a portada do medio dixital cunha entrevista con José Luis Doval, o xefe de xinecoloxía do CHUO, no que destaca que o problema do peche do paritorio do Hospital de Verin non é de “persoal”, nin un tema económico, senon “de non ter nenos en Verin”.

Nesta entrevista, Doval defende que as embarazadas de toda a comarca da Limia teñan que ir a Ourense porque “iso xo fan os de Avión e Padrenda” e “tardan máis tempo e “veñen por estradas peores”.

Por outra banda, La Voz de Galicia tamén saca unha ampla reportaxe destacando os novos servizos do Centro Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) postos en marcha pola Xunta. Tamén salienta que o “plan funcional do hospital prevé crear até unha ducia de novas unidades”.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

A estreita relación de La Voz de Galicia e o goberno de Alberto Núñez Feijóo non e nova. De feito, este medio converteuse nos últimos anos no principal soporte mediatico dos populares en Galicia. Unha estratexia que se está a intensificar ante a proximidade das eleccións galegas o vindeiro ano e que afecta, de cheo, a Ciudadanos e Vox, principais competidores do PP no voto da dereita. Pola esquerda, La Voz apoia, desde os últimos anos, ao BNG na súa intención de división da esquerda.

'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.
'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

3 Pitito

Aii!!! La Voz de Malicia e as suas informacions, que fan os xornalistas que traballan no medio, sempre louvando a quen lles financia o negocio. Xornalismo lamentábel, miserento e antisocial

2 Xornalista indignado

Imaxinades que La Voz publicase artigos criticando a liña editorial ou os contidos de Galicia Confidencial? Con todos os respectos, penso que nin é noticia nin é ético que un xornal se dedique a criticar como fan xornalismo outros medios. Dá moi pobre imaxe e o único que se consegue é rancor e enfrontamento entre xornalistas. Que pensarán destes ataques de Galicia Confidencial os xornalistas de La Voz? Que pensarán cando se atopan cun xornalista deste medio que os pon a feder? Mellor falar de problemas reais da xente que andar a botarse esterco entre medios e compañeiros, non?

1 Sentidiño

Non.

2 Outra xornalista

Creo que o que fai GC non é criticar ós xornalistas de La Voz, moi ao contrario, as súas críticas van contra a súa liña editorial, e os seus xefes. Eu tamén son xornalista, teño boas amigas traballando nese medio, fan moi bo traballo, pero dinme que moitas decisións que se toman para abrir as portadas do papel e do dixital son de arriba e son intencionadas. Todas sabemos xa desde hai tempo que La Voz apoia claramente ó PP e a Feijóo. A xente de dentro, as currantes xo saben, e penso que non está de máis que se diga, aínda que sexa outro medio. E hai que ser valente para facelo. Eu traballo noutro medio que odia a La Voz e, con todo, cala con todo isto porque tamén recibe moita pasta, aínda que moito menos que La Voz.

3 Xornalista indignado

"Outra Xornalista", o que digo é que La Voz podería tamén entrar nese xogo sucio e empezar a criticar tamén con argumentos a liña editorial de Galicia Confidencial ou de onde colle cartos (vexo moita publicidade institucional neste xornal, ou sexa, moitos cartos públicos de concellos e deputacións, o cal demostra que son igual que os demais) ou sobre a súa política laboral cos seus traballadores, en que condicións os ten, sabémolo? Eu non. E logo poden sumarse o Faro, La Región, El Correo, etc, etc. E que teriamos entón? Xornalismo de trapallada, tirándose os trastos os uns aos outros. Podes denunciar subvencións escandalosas a medios, como se fixo neste xornal, pero meterte a valorar e cualificar a liña editorial dun xornal, as entrevistas ou informacións que publican ou sobre que informan, sobra, agás que queiras entrar nunha guerra absurda. Dille El País a El Mundo sobre que ten que informar e como? Non.

4 Otro periodista

Llevo ya años siguiendo este medio, con el que , es cierto, no coincido en todo. Pero considero que es, hoy por hoy, el único que hace algo de periodismo serio en Galicia. Y lo digo con un nudo en la garganta porque creo que en Galicia se hizo buen periodismo hasta que empezaron los despidos. Yo fuí uno de esos despedidos y el único que habló de mi despido y el de mis compañeiros fué este medio. Desde entonces lo tengo en alta estima porque creo que el principal problema de los medios es una falsa defensa de sus intereses (la de los dueños y empresarios) que al final nos perjudica, y mucho, a los profesionales. Ya esta bien de hablar de los problemas que tiene el resto del mundo y no de los graves problemas de precariedad e incluso, que también lo hay, de cierto servilismo, que sufrimos los periodistas. Y cierto, La Voz, vive de la Xunta y del PP, como la mayoría de los medios. Y este, pues vivirá de lo que puede, que no creo que sea mucho, para el gran trabajo que hace.

5 Gamela

Xornalista Indignado, se podes, se sabes, se queres... gostaríame saber (en serio) se logo da implementación do "muro de pago" LVG mudaron as vosas condicións laborais a mellor ou o Comité de Empresa acadou melloras sustanciais respecto á situación anterior a que os lectores tivesen que pagar dúas veces pola mesma información? Se houbo melloras laborais gostaríame saber se podes cuantificalas? Como podes ver na páxina de hoxe de Vigo existen dúas noticias curiosamente de PAGO que afectan moi directamente á política local de Vigo (?) Esto é un medio de comunicación social ou é outra cousa ben distinta? https://twitter.com/00Gamela/status... Saúde e Boa Fortuna! Aquí todos estamos no mesmo BARCO só que algúns imos en gamela (?)

1 anonimo 2

Surpresa! Esse médio vive das subvenções dos políticos, já não vive do seu trabalho (vamos da venda de jornais, rádio, TV, a não a TV não que já fechou). A defensa das privatizações é uma vergonha. Brincadeira sobre as privatizações dos sistemas públicos de saúde. https://www.youtube.com/watch?v=Np_... Vergonha de politiquinhos!