O BCE supervisará directamente a 117 bancos en 2020, incluídos 12 españois, un deles Abanca Holding Financeiro

Apunta que os bancos supervisados "están a volverse máis grandes e complexos".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/12/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O Banco Central Europeo (BCE) supervisará directamente a 117 "entidades significativas" en 2020, dúas menos das que estiveron 'baixo a lupa' do instituto emisor este ano, segundo informou a institución, que vixiará directamente a unha ducia de grupos bancarios españois, os mesmos que en 2019.

Oficina de Abanca na Coruña.. ABANCA - Arquivo
Oficina de Abanca na Coruña.. ABANCA - Arquivo

As entidades españolas directamente supervisadas polo BCE en 2020 serán Abanca Holding Financeiro, BBVA, Banco de Crédito Social Corporativo, Banco Sabadell, Banco Santander, Bankinter, BFA Tenedora De Acciones (Bankia), CaixaBank, Ibercaja Banco, Kutxabank, Liberbank e Unicaja Banco.

Deste xeito, Alemaña volve ser o país con maior número de entidades supervisadas directamente polo BCE, con 21 grupos bancarios, mentres que Italia, igual que España, contará cunha ducia de entidades, e Francia terá once institucións baixo a mirada directa do supervisor.

Os cambios respecto da lista de 2019, explicou o BCE, son o resultado de novas estruturas dos grupos financeiros, así como da relocalización de negocios en anticipación do 'Brexit', cambios regulatorios e unha retirada de licenza.

"Mentres que o número de institucións significativas caeu, os bancos supervisados directamente polo BCE están a volverse máis grandes e complexos a medida que os grupos bancarios consolidan ou trasladan actividades do Reino Unido á zona do euro", engadiu o BCE.

Neste sentido, o supervisor europeo destacou que por mor dos preparativos de cara ao 'Brexit' e o previsible incremento substancial das súas actividades, colocou baixo a súa mirada directa a UBS Europe, JP Morgan, Morgan Stanley Europe Holding e Goldman Sachs Bank Europe

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta