BNG, En Común e En Marea anuncian unha ofensiva na Cámara e na rúa para evitar o peche do paritorio de Verin

"É unha autentica violencia institucional contra as mulleres", di Davide Rodríguez de En Marea. "A Xunta é irresponsable e está actuando en contra dos dereitos das mulleres e da infancia e poñendo pedras ao rural", apunta Pontón.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/12/2019 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

BNG e En Marea e Común da Esquerda están dispostos a dar a batalla na rúa e nas institucións para evitar que a Xunta peche o paritorio de Verin. Así o confirmaron este martes a voceira do Bloque, Ana Pontón, a deputada de En Común, Luca Chao, o deputado de En Marea, Davide Rodríguez, tras anunciar distintas iniciativas na Cámara galega que agardan que sexan apoiadas polos deputados do PP de Ourense, tras opoñerse o seu líder na provincia, Xosé Manuel Baltar, a este peche.

Manifestación en Verín en contra do peche do paritorio e outros servizos no Hospital comarcal
Manifestación en Verín en contra do peche do paritorio e outros servizos no Hospital comarcal

"A ver se son responsables e votan en contra desta iniciativa", dixo Pontón. "Así quedará claro se falan de postín ou se realmente están coa xente damnificada da provincia", engadiu Rodríguez. Os dous destacaron que presentarán sendas iniciativas na Cámara galega para que todos os grupos se posicionen en contra da decisión adoptada polo goberno de Feijóo.

"A Xunta é irresponsable e está actuando en contra dos dereitos das mulleres e da infancia e poñendo pedras ao rural", destacou Pontón en rolda de prensa. "Se Feijóo non é quen de conseguir que Verín teña un pediatra debería dimitir para que sexamos outros os que o consigamos", engadiu.

Pola súa banda, Rodríguez lembrou as reunións que tivo coas matronas de Verín para "desmontar" os argumentos de Feijóo e destacou que trasladaron estas peticións á Valedora do Pobo. "É unha dcisión precipitada tomada con argumentos falaces porque chega a haber dúas horas de desprazamento nalgunhas zonas", apuntou. Así, destacou que a Administración galega debe garantir os partos en todas as zonas do país e "isto non se fai levando ás nais en taxi". "Estase comentendo violencia institucional contras as mulleres que non poden dar a luz nas súas comarcas", queixouse.

"Queremos que se sitúen os deputados do PP de Ourense, que non parecen contentos con este desmantelamento", indicou a deputada de Común dá Esquerda Luca Chao, que se mostrou convencida de que "esta decisión equivocada pódese reverter", como reclamarán a través dunha moción no pleno da próxima semana.

Tanto o BNG como En Marea coincidiron en que os problemas do Hospital de Verín son de xestión e que Feijóo non ten "ningún argumento de peso" que xustifique o peche do paritorio. Por iso, alertaron de que é unha "ataque ao rural" e que esta medida se estenderá a outros hospitais comarcais como os de Valdeorras, Burela, Cee ou Monforte na próxima lexislatura se o PP gaña as eleccións. 

AP-9

Por outra banda, estas dúas formacións tamén coincidiron en reclamar a gratuidade e a trasferencia a Galicia da AP-9. "É unha vergoña que unha empresa privada se siga lucrando cando xa está máis que amortizada", indicou Pontón que salientou que, de manterse as actuais peaxes, Audasa gañaría 14.500 millóns de euros ata 2048, "máis que o orzamento anual da Xunta", dixo.

Neste sentido, suliñou que este será un punto prioritario do BNG na defensa da "axenda galega" en Madrid. Con todo, non aclarou se a "desconxelación" deste punto será funamental para o apoio do BNG á investidura de Pedro Sánchez en Madrid. 

Tamén en Marea defendeu a transferencia e a gratuidade das peaxes na AP-9. "A transferencia tiña que estar feita e a xestión ten que ser pública e galega 100%", dixo Davide Rodriguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta