Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/12/2019 | Actualizada ás 18:30
O Atlantic Fest anunciou este venres que a súa edición 2020 celebrarase os días 24, 25 e 26 de xullo do próximo ano e que cambiará de localización, xa que, tras catro edicións na Illa, no seu quinto aniversario trasládase á Praia da Cuncha de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Os organizadores do festival din así "adeus" á Illa de Arousa, á que din estar "moi agradecidos" por "a calor e o agarimo" que recibiron estes catro anos. "Pero o espazo onde viña situando o festival non estará dispoñible para nós, xa que comezarán obras de construción nos terreos que ata agora utilizabamos para levar a cabo o evento", recoñecen.
Isto, sumado ao feito de que o festival "necesita máis espazo para poder dar o servizo correcto aos seus asistentes", algo que confían lograr na Praia da Cuncha, onde haberá zonas máis amplas para restauración, aumentando o número de foodtrucks, metros de barras e espazos para descansar.
O Atlantic Fest utilizará o recinto do festival durante dúas xornadas, o venres 24 e o sábado 25 de xullo, mentres que o 26 de xullo a música trasladarase ao pobo. Haberá, como é habitual, unha zona de acampada. Os organizadores adiantaron que o abono do festival, a prezo reducido de 37 euros, porase á venda o 26 de decembro, a través da páxina web www.atlanticfest.com.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.