Por Europa Press / Redacción | Compostela | 25/12/2019 | Actualizada ás 10:20
Este 25 de decembro TPA e TVG celebrarán o Nadal co especial 'Benvidos-Bienllegaos', a primeira emisión conxunta realizada polas dúas emisoras autonómicas.
Desde Ribadeo, localidade lucense moi visitada polos asturianos do Navia-Eo, o presentador galego Arturo Fernández e os asturianos Sonia Fidalgo e Alberto Rodríguez, conducirán unha gala musical que con humor profundará nos puntos en común entre os dous pobos.
Na parte musical o programa centrarase nesta irmandade e viaxará pola zona da 'raia' que separa ambas as comunidades, con visitas á aldea asturiana de Abres e á parroquia lucense de Ría de Abres, lugares que aínda que teñen o Eo polo medio case non hai diferenzas.
'Benvidos-Bienllegaos' tamén se vai achegar ao interior de Asturias para coñecer tradición musical de Taramundi e dos Picos de Europa. Ademais, o espectáculo contará coa participación de Rodrigo Cuevas, Los Berrones, Marisa Valle Roso e Anabel Santiago, ademais dos galegos Susana Seivane, Lucía Pérez, Pablo Carpintero e Os Melidaos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.