O polémico belén de Ourense: "figuras arrepiantes de cartón" e o neno Xesús roubado

Provocan novamente danos no belén tras iniciarse unha campaña en Change.org que pide a súa retirada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2019 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O belén instalado polo Concello de Ourense na zona da Alameda amenceu este mércores, día de Nadal, con danos en varias das súas figuras e sen a imaxe do Neno Xesús.

Esta é a segunda vez na que desparece o Neno Xesús deste belén, que foi achado o pasado luns coas mans cortadas tras a polémica xurdida polas figuras que o compoñen. "Tras a Noite Boa, e a pesar de estar pegado con cola e con seguridade, os vándalos arríncano e volven roubar ao Neno Xesùs, e de paso esnaquizar outras figuras do belén reparado onte", denunciou este mércores o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome (DO), a través do seu perfil de 'Twitter'.

Tras este novo episodio, o alcalde da cidade chanceou con que se trata do nacemento do Nadal "máis atacado e con máis secuestros de España".

POLÉMICA NAS REDES

Precisamente, o nacemento instalado polo Concello de Ourense desatou a polémica polas figuras que o conforman ata o punto no que se abriu unha campaña na plataforma 'Change.org' na que se pide a súa retirada.

"O alcalde de Ourense prometeu que en Nadal instalará un Belén xigante na zona vella da cidade. Unha atracción sen precedentes para o goce dos pequenos e maiores, e que atraería a visitantes de todo o Estado e mesmo de Portugal", sinala a campaña.

Con todo, o texto publicado na plataforma sinala que o instalado pode describirse como un "pesadelo dun belenista macabro". "Figuras arrepiantes vestidas con traxes de saldo, animais que non se recoñecen, castelos feitos con caixas de electrodomésticos...", censura.

Provocan danos no belén de Ourense, do que volve desaparecer a imaxe do Neno Jesús
Provocan danos no belén de Ourense, do que volve desaparecer a imaxe do Neno Jesús | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 nadal da infamia

Por que meus queridos amigos ocultades o dato de que o NAZIMIENTO costou 18.000 eurazos, porque non din que xa leva gastados 300.000 euros no nadal horripiante do pintoresco alcalde, porque non falan de que esta denunciado no seprona de Ourense GARDA CIVIL polo situación dos renos polo maltrato animal... porque non falan do gasto duplicado dun ano para outro en lucerio do nadal... falen xa do despropósito do alcalde!!!

1 DEMOCRACIA CHABACANA

Dende o INFRAMUNDO INFERNAL... o gran ANTON LAVEY... sauda o nacemento do anticristo en Ourense no Belen herético-satanico do seu conxenere o alcalde de HORROURENSE CAJOME, miren debaixo do belen do tapete verde e verán a estrela satanica e o numero no centro 666... miren senon no Castelo, o estilo airganbois, e os tres crucifixos invertidos... miren senon a presencia do Grinch desfrazado de centurión romano... miren senon o san xose metendo o.... ... asno!!! señores miren por fin os tres reises magos negros saidos do mundo de HARRYPOTTER... todo o poden ler na Biblia satanica no seu remate onde di que en Horrourense xurdira por fin o fillo do maligno o anticristo no reinado dun tal Cajome...