Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/01/2020 | Actualizada ás 21:27
As forzas de seguridade manteñen aberta a búsquerda de Carlos Daniel Olivera Milán, un home de 40 anos que desapareceu o pasado domingo, 29 de decembro, na cidade de Ourense.
Segundo información difundida pola plataforma SOS Desaparecidos, trátase dun home de 1,80 de estatura, de complexión delgada, ollos de cor mel e con barba e pelo canoso. Ademais, a organización destaca que Carlos Daniel Olivera Milán vivía nunha furgoneta Citroën Jumper.
ATOPADO O HOME PERDIDO NO BARBANZA
Por outra banda, un home de 89 anos que desaparecera este mércores na serra de Barbanza, no municipio coruñés de Porto do Son, foi localizado "en perfecto estado", informan fontes da Garda Civil.
De acordo co Instituto Armado, o octoxenario desorientarase na zona facía unhas horas debido a que padece demencia. Segundo estas mesmas fontes, virono por última vez pola serra, onde as condicións de visibilidade na xornada deste mércores "son mínimas pola néboa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.