Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/01/2020 | Actualizada ás 18:03
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a orde pola que se declara, de maneira provisional, a contorna da Torre de Hércules como espazo natural de interese local, segundo informa a Consellería de Medio Ambiente.
Agora ábrese un prazo de dous anos para que o Concello da Coruña, promotor da proposta, presente, como requisito imprescindible para obter a declaración definitiva, o plan de conservación correspondente.
Tras facerse público, a concelleira de Medio Ambiente do Concello da Coruña, Esther Fontán, manifestou a súa satisfacción por esta publicación, "unha moi boa noticia para a cidade", asegura.
Desde Marea Atlántica celébrase tamén a noticia, tras os pasos dados durante o seu mandato, e insta os socialistas a que prosigan coa tramitación ata conseguir a declaración definitiva para a protección dunha das áreas "con maior biodiversidade da Coruña".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.