Xunta e Concello de Santiago intensificarán o control das vivendas turísticas

Esta reunión para reforzar a colaboración entre administracións terá continuidade con diferentes encontros técnicos que se farán nos próximos días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2020 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

A Xunta e o Concello de Santiago participaron este mércores na primeira reunión do equipo de traballo sobre vivendas de uso turístico, na que se acordou a coordinación entre Policía Local e Autonómica para intensificar a identificación de propietarios, así como do control de inmobles irregulares.

Nun comunicado, o Goberno galego informou de que neste encontro participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os concelleiros de Turismo, Gumersindo Guinarte, e de Vivenda, Mercedes Rosón.

Así, facilitouse a ferramenta coa que a Xunta poderá localizar a partir de agora de forma máis precisa os inmobles afectados pola nova moratoria acordada polo Concello de Santiago que entrou en vigor en decembro. E é que se prohibe polo momento a posta en marcha de novas vivendas turísticas.

Esta reunión para reforzar a colaboración entre administracións terá continuidade con diferentes encontros técnicos que se farán nos próximos días, así como con comisións de seguimento para unha ordenación conxunta.

Reunión de Gumersindo Guinarte e Mercedes Rosón con Nava Castro. XUNTA
Reunión de Gumersindo Guinarte e Mercedes Rosón con Nava Castro. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta