Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2020 | Actualizada ás 18:52
'A Feira do Cocido de Lalín' será recoñecida como festa de Interese Turístico Internacional en próximas datas. Así llo trasladou este xoves a secretaria de Estado de Turismo, Osabel Oliver, ao titular de Cultura, Román Rodríguez, e ao alcalde do municipio, José Crespo.
Esta distinción supón o máximo recoñecemento que se pode alcanzar neste ámbito e, neste caso, tratarase da primeira festa gastronómica en logralo en todo o Estado, unha tradución que se remonta a máis de 50 anos na comarca do Deza.
Deste xeito, a declaración suporá a culminación dun proceso que a Xunta vén apoiando nos últimos anos e que ocupa un lugar destacado no modelo turístico galego, a enogastronomía, que conta coa súa propia folla de ruta a través da iniciativa 'Galicia Sabe'.
O rexedor municipal agradeceu o recoñecemento trasladado pola responsable estatal e asegurou que desde o Concello se senten "moi orgullosos desa honra" tras "moitos anos traballando pola internacionalización do Cocido".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.