Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2020 | Actualizada ás 18:34
A Fundación Amigos de Galicia calcula que 406 menores foron condenados en 2018 por algún tipo de delito e 167 deles volveron reincidir. Ademais, durante o dez primeiros meses de 2019 rexistráronse na comunidade galega 550 delitos cometidos por menores.
Así o recolle un comunicado remitido este venres pola Fundación, que realizou 13.456 atencións dirixidas a menores en 2019 e que apelou á "responsabilidade" da sociedade civil e das administracións á hora de integrar na sociedade a menores que viviron en fogares problemáticos ou desestruturados.
"Moitas destas persoas que delinquen e son reincidentes, entran e saen con frecuencia do cárcere, xa que esta é a única forma que coñecen para sobrevivir. Ademais, moitas delas padecen problemas psíquicos e necesitan do sistema e da sociedade algo máis que ser culpadas dos delitos que cometen", remarca.
A Fundación menciona como exemplo dos efectos de contornas destruturadas o caso rexistrado en Ourense da muller de 66 anos que presuntamente acabou coa vida do seu fillo de 45 anos e tetrapléxico, e posteriormente, suicidouse.
Ademais, aproveitando a conmemoración do Día Internacional da Educación que se celebra cada 24 de xaneiro, a Fundación relata a importancia da educación que a rapazada recibe nas súas contornas familiares, pero tamén da educación académica que lles permite adquirir coñecementos e aptitudes para "labrarse un futuro".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.