Naturgy retira as antenas de media tensión do Castro de Elviña

Patrimonio entende que "danan a estética dun dos xacementos arqueolóxicos máis importantes do país".

Por E.P. | A CORUÑA | 08/02/2020 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Operarios da compañía eléctrica Naturgy traballan estes días na retirada das cinco antenas de media tensión do Castro de Elviña, tras outorgar Patrimonio a autorización para sacalas ao entender que "dana a estética dun dos xacementos arqueolóxicos máis importantes do país".

Dous elementos están xa "fóra do perímetro" e a semana que vén contan con extraer os tres que faltan, segundo explica o arqueólogo municipal, Marco Antonio Rivas.

Engade, nun comunicado difundido polo Concello, que desde a Consellería de Cultura estableceron unha serie de medidas cautelares na operación para evitar que se produzan danos nos restos, como a supervisión dun profesional e a instalación de elementos protectores na zona reservada para depositar as antenas.

Rivas lembrou que en 2015 xa se retirou unha antena de alta tensión e que, unha vez leven este tres últimas, a construción quedará limpa de cables.

Imaxe do Castro de Elviña
Imaxe do Castro de Elviña | Fonte: Google Maps

Comparte esta noticia
cargando...
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta