O Concello de Teo acusa a Medio Ambiente de incumprir a normativa de impacto ambiental na canteira de Casalonga

O motivo foron as verteduras de augas residuais ao río Tinto durante o baleirado da lagoa situada na antiga canteira.

Por Galicia Confidencial | Teo | 19/02/2020 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

O goberno municipal de Teo pide á Consellería de Medio Ambiente a suspensión cautelar da actividade na canteira de Casalonga. Segundo a administración local teense, a petición faise por “incumprimento” da declaración de impacto ambiental (DIA) das obras levadas adiante.

Canteira de Casalonga
Canteira de Casalonga | Fonte: Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

O organismo Augas de Galicia comunicoulle ao Concello, como parte interesada, “a proposta de resolución dun expediente sancionador incoado” á empresa Toca Salgado. A causa deste expediente serían as verteduras de augas residuais ao ríoTinto logo do baleirado da lagoa situada dentro da antiga canteira. Desta maneira, estaríanse incumprindo as autorizacións ditadas pola por Augas de Galicia. As resolucións do organismo autonómico sinalan que "o denunciado está a actuar intencionadamente”, ademais de “que está a persistir en conducta infractora"

A concelleira de Urbanismo de Teo, Uxía Lemus, destaca que hai un incumprimento do punto 3 da DIA do 2001 sobre a protección de Augas, relativo a evitar verteduras coma as que se n a dar na canteira. Tamén se considera que existen “incumprimentos de protección do solo, da fauna, paisaxística así como de restauranción e vexetación”.

Desde o Concello de Teo enténdese que existe un incumprimento da DIA polo que se pide "en caso de comprobar tal incumprimento, se proceda ao establecido na propia DIA". Esas medidas serían “ben a suspensión cautelar ata a corrección dos incumprimentos, ben o peche cautelar e a adopción de medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente", indica a concelleira Lemus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta