Fronte empresarial en Pontevedra contra o Goberno de Pedro Sánchez en plena precampaña electoral

A presidenta da Deputación de Pontevedra,Carmela Silva, denuncia que a Xunta non investiu "nada" na provincia no últimos catro anos.

Por E.P. | VIGO | 20/02/2020 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, a Cámara de Comercio de Tui e a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) sinalaron que a falta de dispoñibilidade do Corredor Atlántico ferroviario de mercadorías afecta á "competitividade" das compañías galegas e rexeitaron que se atrase a súa execución. Unha denuncia que chega en plena precampaña electoral en Galicia e que non fixeron durante os gobernos de Mariano Rajoy.

Segundo trasladou a CEP, o presidente desta entidade, Jorge Cebreiros, incidiu en que "a mellor opción" para a comunidade consiste en manter o "trazado actual". Ademais, achacou a "corrección" do "illamento do noroeste da península" por parte da Unión Europea (UE) á defensa "en bloque" realizada polos gobernos autonónomicos e distintas entidades empresariais de Galicia, Asturias e Castela e León.

Así mesmo, Jorge Cebreiros afirmou que a execución do proxecto do Corredor Atlántico de mercadorías permitirá dispor dunha liña ferroviaria "competitiva, sustentable e moderna" que favorecerá o acceso das empresas galegas á meseta da península e o resto de Europa.

Ademais, o presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, José García Costas, remarcou a importancia de que o Corredor Atlántico integre na rede ferroviaria as conexións cos portos de "interese xeral da provincia", Vigo, Pontevedra-Marín e Vilagarcía.

O presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, José García Costas, e o seu homólogo na CEP, Jorge Cebreiros. CEP
O presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, José García Costas, e o seu homólogo na CEP, Jorge Cebreiros. CEP | Fonte: Europa Press

CARMELA SILVA

Por outra banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que a Xunta non investiu "nada" na provincia no últimos catro anos e mostrouse "moi molesta" co PP e, singularmente, co seu presidente provincial, Alfonso Rueda.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, reprochou que nas visitas que o tamén vicepresidente do Goberno galego está a realizar estes días a diferentes concellos non conte o que a Xunta inviste en cada territorio "porque non pode". "Non ten nada que contar" porque "non investiron nada na provincia de Pontevedra en catro anos", ao contrario do que lle fixo a Deputación, sinalou.

A titular da Deputación de Pontevedra criticou que a mensaxe que Alfonso Rueda deixa en cada concello que visita sexa "o diñeiro que lles debe o Goberno de España, falando do IVE". "O que nunca di o señor Rueda" é que esta circunstancia de que Galicia teña menos recursos "débese exclusivamente a unha decisión do seu querido amigo Montoro", manifestou en referencia ao "cambio de lexislación" impulsado polo entón ministro de Facenda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Carmela Silva "copiando" a tese fundamental do seu amo e señor: Abel Caballero ! Se chegan á Xunta que vaian preparando a chequeira para largarlle 2.000 millóns de euros para que siga facendo o indio en Vigo! Nota: hoxe coñecemos que os orzamentos de 2019 deixaron sen executar o 52% ! Se sobran cartos para qué pagamos impostos ao Concello máis saneado do mundo ? Para que Carmela Silva compre o seu chalet en Toralla ? https://flic.kr/p/fceQS7 Tropa do carallo !!!