O BNG celebra a sentenza polas peaxes de Rande: "Deixa co cu ao aire á Xunta e ao Ministerio de Fomento"
O deputado autonómico do BNG Luís Bará celebra o "avance" da sentenza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra que condena a Audasa, empresa concesionaria da AP-9, a devolver as peaxes "abusivas" cobrados durante as obras de ampliación da Ponte de Rande.