Beiras e Conde, protagonistas sorpresa do debate

Jorquera e Feijóo asinaron tablas no último debate da TVG. Por veces aburridos, e por veces intensos, os dous dirixentes marearon con cifras económicas contrapostas. Ao final un "good night" e un "boa sorte" reconciliou aos dous dirixentes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/10/2012 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

Non participaron nos debates, pero como se estiveran. O toma e daca de Feijóo e Jorquera no último debate da TVG serviu para que Xosé Manuel Beiras e Mario Conde adquiriran un protagonismo inusitado e foran citados varias veces polos contendentes.

Feijóo e Jorquera antes do debate
Feijóo e Jorquera antes do debate | Fonte: Qué

E é que a posibilidade de pactos do PPdeG e do BNG se non hai maioría absoluta converteuse nunha obsesión para ambos os dous dirixentes. Jorquera citou a Conde ata en seis ocasións para advertir aos electores que os populares poderían pactar con el se non teñen a maioría absoluta. E o mesmo fixo Feijóo nomeando a un Xosé Manuel --cuxa saída do BNG aínda escoce nesta formación- para insinuar que nacionalistas e socialistas igual dependen dos seus votos para gobernar.

Ambos os dous dirixentes atacaronse varias veces sobre a posibilidade de asinar pactos se non se producen maiorías absolutas. Feijóo lembrando o "desastre" do bipartito,"que agora sería un quintaparito", e Jorquera lembrandolle que igual depende dun banqueiro co que colaboran "ex conselleiros de Fraga".

Empate

Con todo, o último debate rematou en táboas. Nin Feijóo, nin Jorquera conseguiron impoñerse nun cara a cara que, por veces, foi aburrido e por veces, intenso. A economía, os servizos sociais e o autogoberno volveron a acaparar a intervención dos candidatos.

Así, o presidente galego presumiu de goberno durante estes catro anos e dixo que Galicia foi capaz de facerlle fronte á crise con medidas de aforro e control do déficit. "Non sei en que país vive vostede porque neste periodo 60.000 mozos tiveron que emigrar", repostoulle Jorquera.

O líder nacionalista atacou con datos económicos de desemprego e Feijóo insistiu en que os dados en Galicia son mellores que os do Estado. Ambos os dous tiraron de gráficos diferentes para demostrar que un e o outro estaban errados sobre os datos do paro rexistrado e da EPA.

"Carné de galegos"

No debate tamén saíu a relucir o famoso informe do Consello de Contas ao que Feijóo restoulle importancia. "Non existe tal informe, é un anteproxecto", dixo. "Será un anteproxecto pero está asiando polo ex conselleiro de Economía do PP, Juan Antonio Orza", espetoulle Jorquera.

Os dous dirixentes tamén se erixiron en defensores de Galicia e do autogoberno. "Non diga vostede quen debe ou non ser galego. Se fora polo BNG, Galicia sería máis cativa", apuntou Feijóo. "Eu non reparto carnés de galeguidade pero tampouco fago como vostede de supeditar Galicia ao que diga Rajoy porque vostede é un delegado de Goberno de Rajoy e o seu voto vai a Rajoy", respondeulle Jorquera que foi o único momento no que sacou a relucir o Goberno de Rajoy, un argumento que utilizou moito máis o líder socialista para desacreditar ao presidente galego.

Futbol e xornalismo

Durante o encontro producíronse varias anécdotas. Jorquera declarouse deportivista, "e como deportivista quero que o clube estea ben xestionado". "A vostede preocupalle que estea ben xestionado un equipo de fútbol. A min preocupame que o estea Galicia", respondíalle Feijóo.

E tamén houbo momentos de cabreo, especialmente, cando Jorquera amosou unha portada do diario La Región, que nos últimos meses ten unha liña moi crítica coa  Xunta, na que se criticaba o estado da sanidade. "Ese xornal ataca á sanidade pública e sacou unha nova que non está confirmada", dixo o presidente galego visiblemente enoxado. "Ten gracia que sexa vostede quen fale así da prensa", comentoulle Jorquera en alusión ao apoio que recibe da maior parte da prensa galega.

Xa na quedan final, e a pesares dos reproches, houbo "fair play" entre os contrincantes, algo que non aconteceu no debate entre Vázquez e Feijóo. "Desexolle moita sorte a vostede e ao seu partido nestes comicios", despediuse o presidente galego. "E tamén eu a vostede no personal", respondeulle Jorquera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 105 comentarios

18 Paixonario

Interesante artigo: “…creo que deben hacer una reflexión de futuro y trabajar en la línea de la izquierda a nivel estatal.”, “La crisis no se resuelve en Galicia, sino en España y en Europa.”, “…sí tengo la idea de que el gallego es como muy callado, en el sentido de tener cosas en la cabeza que a veces les cuesta expresar o trasladar al exterior.” http://www.terraetempo.com/artigo.p...

1 Uno de Huelva

¿Que tendrá que decir Beira y Anova con las declaraciones de Cayo Lara?. ¿No se les cae la cara de verguenza?. La verdad, no entiendo como 2 fuerzas tan dispares como IU (jacobina hasta la médula) y Anova (independentista) puedan estar juntas. No todo vale en política. Soy andaluz y creo que Galicia tiene potencial, pero no entiendo que tenga que mirar el nacionalismo a IU, esta coalición me decepcionó hace muchos años.

2 Uno de Huelva

Conozco al autor de este artículo porque coincidimos en reuniones sindicales ya que pertenezco a la CGT desde hace 15 años cuando abandoné CCOO por la deriva que tenía y tiene este sindicato, por lo que no puedo estar más de acuerdo con Duarte Correa, una persona muy interesante y un cuadro sindical importante dentro de CIG.

3 Saña

Duarte Correa e a súa dona nin son cadros sindicais nin nada, so son uns vividores da política. Duarte Correa un cadro sindical? Estas de cachondeo ou que?

17 excéptico

Teño claro que o PP vai sacar maioría absoluta gracias á posta en escena dunha 3ª forza política na esquerda que vai facer que o voto esté máis espallado e que pola Lei de Hont se perdan no camiño entre 2 e 4 deputados. E xa adiantándome ós feitos, pregúntome: Cumpriu o obxectivo AGE de aglutinar o voto cabreado e abstencionista para que voten ou vai servir para restar e polo tanto para favorecer a victoria do PP?. Non son do PSOE nin do BNG pero creo que AGE vai favorecer ó PP. AGE só vai servir para que entren no parlamento EU e ANOVA que por se sós non acadarían representación.

1 Harto de Beiras

Yo haría otra pregunta a Beiras, si la suma de VOTOS de AGE y BNG no superan los 350.000 votos será una decepción para Beiras o también será culpa de la UPG?

2 White Crow

...está claro, culpa da UPG.

3 Rambo

A ver se nos enteramos, o ideal houbera sido que age e o bng houbesen feito candidatura conxunta, e tal e como estan as cousas incluso habería que valorar o do psoe, si tanto lle queremos a Galiza e queremos largar as Faes, teríase que ter tragado moita bilis e facer o auténtico esforzo, pero como eiquí pesan máis as diferenzas e sobre todo as cadeiras de pel, habera que ir pensando en tragar outros catro aniños de fascio. Eu levo tempo sin votar, e votareí age me guste máis ou me guste menos, núnca voltareí votar bng, pero si houbese votado unha candidatura-plataforma anti-faes, e coma mín hai moitos do mesmo xeito ou dándolle a volta á tortilla, por iso o razonamento de excéptico non vale, a inmensa maioría dos que votaran age, de non existir esta non votarían bng, como a maioría dos do bng tampouco votarían age de non apresentarse ó bng.

16 Pocholiña

Estña claro que Galicia Confidencial non lle gusta o BNG, menudo titular. Para min Jorquera estivo ben e foi quen gañou o debate. É certo que se fose Beiras teriamos un orgasmo pola vervorrea deste señor, máis como perfecto señorito burgués acabará comendo con Feijóo na intimidade despois de agasallarlle ao PP con outra maioría absoluta (non descarto que AGE vaia ter uns bos resultados, hai moito cabreado de Deus, pero moitos dos seus votantes non o ven como unha forza de goberno). Eu votarei polo Bloque, é o único que me da confianza e seriedade.

15 Ni quito ni pongo rey

Non vin o debate, non creo que os debates clarifiquen nada, nin aporten ningunha novidade. Pero custame creer que según o Confidencial o debate anterior ganouno Pachi i este quedou en tablas. Jorquera coido que é ben mais valido que Feijóo, e tan só chega con demostrar as suas mentiras, porque no PP todo son mentiras, pensións. Pemex, a verdadeira debeda que ten Galiza, etc. Levades un hooliganismo do mais fanatico.

14 Ni quito ni pongo rei

Non vin o debate, non creo que os debates clarifiquen nada, nin aporten ningunha novidade. Pero custame creer que según o Confidencial o debate anterior ganouno Pachi i este quedou en tablas. Jorquera coido que é ben mais valido que Feijóo, e tan só chega con demostrar as suas mentiras, porque no PP todo son mentiras, pensións. Pemex, a verdadeira debeda que ten Galiza, etc. Levades un hooliganismo do mais fanatico.