Beiras e Conde, protagonistas sorpresa do debate

Jorquera e Feijóo asinaron tablas no último debate da TVG. Por veces aburridos, e por veces intensos, os dous dirixentes marearon con cifras económicas contrapostas. Ao final un "good night" e un "boa sorte" reconciliou aos dous dirixentes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/10/2012 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

Non participaron nos debates, pero como se estiveran. O toma e daca de Feijóo e Jorquera no último debate da TVG serviu para que Xosé Manuel Beiras e Mario Conde adquiriran un protagonismo inusitado e foran citados varias veces polos contendentes.

Feijóo e Jorquera antes do debate
Feijóo e Jorquera antes do debate | Fonte: Qué

E é que a posibilidade de pactos do PPdeG e do BNG se non hai maioría absoluta converteuse nunha obsesión para ambos os dous dirixentes. Jorquera citou a Conde ata en seis ocasións para advertir aos electores que os populares poderían pactar con el se non teñen a maioría absoluta. E o mesmo fixo Feijóo nomeando a un Xosé Manuel --cuxa saída do BNG aínda escoce nesta formación- para insinuar que nacionalistas e socialistas igual dependen dos seus votos para gobernar.

Ambos os dous dirixentes atacaronse varias veces sobre a posibilidade de asinar pactos se non se producen maiorías absolutas. Feijóo lembrando o "desastre" do bipartito,"que agora sería un quintaparito", e Jorquera lembrandolle que igual depende dun banqueiro co que colaboran "ex conselleiros de Fraga".

Empate

Con todo, o último debate rematou en táboas. Nin Feijóo, nin Jorquera conseguiron impoñerse nun cara a cara que, por veces, foi aburrido e por veces, intenso. A economía, os servizos sociais e o autogoberno volveron a acaparar a intervención dos candidatos.

Así, o presidente galego presumiu de goberno durante estes catro anos e dixo que Galicia foi capaz de facerlle fronte á crise con medidas de aforro e control do déficit. "Non sei en que país vive vostede porque neste periodo 60.000 mozos tiveron que emigrar", repostoulle Jorquera.

O líder nacionalista atacou con datos económicos de desemprego e Feijóo insistiu en que os dados en Galicia son mellores que os do Estado. Ambos os dous tiraron de gráficos diferentes para demostrar que un e o outro estaban errados sobre os datos do paro rexistrado e da EPA.

"Carné de galegos"

No debate tamén saíu a relucir o famoso informe do Consello de Contas ao que Feijóo restoulle importancia. "Non existe tal informe, é un anteproxecto", dixo. "Será un anteproxecto pero está asiando polo ex conselleiro de Economía do PP, Juan Antonio Orza", espetoulle Jorquera.

Os dous dirixentes tamén se erixiron en defensores de Galicia e do autogoberno. "Non diga vostede quen debe ou non ser galego. Se fora polo BNG, Galicia sería máis cativa", apuntou Feijóo. "Eu non reparto carnés de galeguidade pero tampouco fago como vostede de supeditar Galicia ao que diga Rajoy porque vostede é un delegado de Goberno de Rajoy e o seu voto vai a Rajoy", respondeulle Jorquera que foi o único momento no que sacou a relucir o Goberno de Rajoy, un argumento que utilizou moito máis o líder socialista para desacreditar ao presidente galego.

Futbol e xornalismo

Durante o encontro producíronse varias anécdotas. Jorquera declarouse deportivista, "e como deportivista quero que o clube estea ben xestionado". "A vostede preocupalle que estea ben xestionado un equipo de fútbol. A min preocupame que o estea Galicia", respondíalle Feijóo.

E tamén houbo momentos de cabreo, especialmente, cando Jorquera amosou unha portada do diario La Región, que nos últimos meses ten unha liña moi crítica coa  Xunta, na que se criticaba o estado da sanidade. "Ese xornal ataca á sanidade pública e sacou unha nova que non está confirmada", dixo o presidente galego visiblemente enoxado. "Ten gracia que sexa vostede quen fale así da prensa", comentoulle Jorquera en alusión ao apoio que recibe da maior parte da prensa galega.

Xa na quedan final, e a pesares dos reproches, houbo "fair play" entre os contrincantes, algo que non aconteceu no debate entre Vázquez e Feijóo. "Desexolle moita sorte a vostede e ao seu partido nestes comicios", despediuse o presidente galego. "E tamén eu a vostede no personal", respondeulle Jorquera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 105 comentarios

13 Farto de Xans das bolas

Custame traballo creer a pouca auto estima e concendia de pobo que teñen algúns, os mesmos que criticaban a Rosa Diez polos seus comentarios, tragan agora, calan e pasan folla e din que chove amarelo, en relación a uns comentarios despectivos dun político tan mediocre coma Lacayo Lara contra os galegos, tan só porque ven avalado polo Lider Supremo Beiras. Logo teñen a pouca desvergoña de chamarlle vendidos aos pepeiros.

1 Rambo

Parece ser que o enemigo xa non é o PP, o obxetivo xa non é largar as Faes da Xunta, agora o obxetivo é desprestixiar á AGE pra co Bng non teña unha dura caída. Parece ser que ó obxetivo xa non é cambiar a realidade social de Galiza, senon ir termando como sexa da empresiña, pois vale, é o que tén a democracia (por chamarlle algo) que cada ún xoga ó que quere pero sempre gañan os fachas.

12 DigoEu

O BNG fixo moi mal en non unirse aos de Beiras, Esquerda Unida e outros na Alternativa Galega de Esquerdas. É unha mágoa o sectarismo bloqueiro. O BNG ten un grande pecado, que é botar pola borda o que conseguira Beiras, desde a etapa do nefasto Anxo Quintana. Porca miseria.

1 Orguloso da miña Partria

Meu no Bloque nunca escoitei insultos ao pobo galego, resultame imposibe unirme a quén me cuspe na cara, como non sexa unirme a dar ostias.

2 DixenEu

O Beiras fixo moi mal en irse do BNG despois da súa Asemblea Nacional onde elixiu o seu candidato á Xunta, do cal participou no proceso Xosé Manuel. É unha mágoa o egocentrismo do Beiras, e o escaso seguemento que tivo pois dos 9.000 militantes do BNG só lle seguiron apenas 350. Xa se sabe, o home que ía queimar a Fraga e que acabou comendo da súa man (ás agochadas).

3 Pingueiro

En Amio o Quintanismo, aliado de Beiras nesta Asemblea por certo, saiu derrotado. Algúns aínda non se enteiraron.

4 Ex- Compromiso

Pero se foi Beiras o sectario ao marcharse do BNG despois que esta celebrara a súa asemblea. Significa que se eu me marcho de Anova con dous colegas e me uno con Nos-UP eu son o garante da unidade da esquerda?. Non sei, ás veces, penso que algúns toman tripis. Sinceramente, cada vez que os leo penso que o BNG tivo sorte de que algúns se marcharan, menudos argumentos, e inda por riba chamar ao BNG sectario. Ver para crer.

11 Pilatos

Non precisamos ter un lider mediatico. Beiras salvou o Bloque de seguir en caida libre. Eu levaba tempo sen votar ao Bloque, canso das suas pactistas. Dende que Beiras montou este tinglado fixoseme labor obrigada votar polo Bloque. Costame traballo creer que Beiras non rache o pacto cando o segredario xeral da sua coalición Lacayo Lara fai uns comentarios despectivos e raiando o racismo contra os galegos, cecais non tan ao bruto coma Rosa Diez, pero na mesma liña. É o que ten pactar cos españolistas sexan da ideoloxia que sexan, nunca nos respetaron como pobo, e non vexo porque vanos respectar agora. As veces me pregunto se estamos a crucificar a un home que se está a inmolar polo noso pobo, conscente ou inconscentemente, non o sei.

10 meparto

pero Jorquera es candidato? ummm si fuese a secretario político de escalera de barrio, puede que diera el perfil en una URRSS o en Cuba, pero en un pais democrático, donde la violencia , incluso la gestual, está denostada, pues no. Lamento deciros, a la UPG auténtica, ( que los otros son los de pacotilla, o eso dicen) que busqueis a otro candidato, para empezar con pelo en la cabeza, y para seguir que no tenga un palo metido en el kks, ah, y que cierre la boca de cuando en cuando, que para papar moscas vale , apra imagen cero, ideas? si , UNA, autogoberno, autogoberno, autogoberno, las demás ideas, no están, no se les espera

1 Paseniño.

Antes de partirte tes que encontrar na galaxia ese país "democratico" cando o atopes, chamame e xa nos prantexaremos cales políticos son os mais axeitadova. Polo de agora, ben chega un político que non vaia de estrela e que tampouco minta coma un cosaco.

9 Coruñés

Sobre o debate está clarisimo que gañou Jorquera, e non é que gañara e que dixo as verdades. Sobre a forma en que se noticia o debate mellor non opino. Jorquera o mellor dos tres e o mais centrado.