Beiras e Conde, protagonistas sorpresa do debate

Jorquera e Feijóo asinaron tablas no último debate da TVG. Por veces aburridos, e por veces intensos, os dous dirixentes marearon con cifras económicas contrapostas. Ao final un "good night" e un "boa sorte" reconciliou aos dous dirixentes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/10/2012 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

Non participaron nos debates, pero como se estiveran. O toma e daca de Feijóo e Jorquera no último debate da TVG serviu para que Xosé Manuel Beiras e Mario Conde adquiriran un protagonismo inusitado e foran citados varias veces polos contendentes.

Feijóo e Jorquera antes do debate
Feijóo e Jorquera antes do debate | Fonte: Qué

E é que a posibilidade de pactos do PPdeG e do BNG se non hai maioría absoluta converteuse nunha obsesión para ambos os dous dirixentes. Jorquera citou a Conde ata en seis ocasións para advertir aos electores que os populares poderían pactar con el se non teñen a maioría absoluta. E o mesmo fixo Feijóo nomeando a un Xosé Manuel --cuxa saída do BNG aínda escoce nesta formación- para insinuar que nacionalistas e socialistas igual dependen dos seus votos para gobernar.

Ambos os dous dirixentes atacaronse varias veces sobre a posibilidade de asinar pactos se non se producen maiorías absolutas. Feijóo lembrando o "desastre" do bipartito,"que agora sería un quintaparito", e Jorquera lembrandolle que igual depende dun banqueiro co que colaboran "ex conselleiros de Fraga".

Empate

Con todo, o último debate rematou en táboas. Nin Feijóo, nin Jorquera conseguiron impoñerse nun cara a cara que, por veces, foi aburrido e por veces, intenso. A economía, os servizos sociais e o autogoberno volveron a acaparar a intervención dos candidatos.

Así, o presidente galego presumiu de goberno durante estes catro anos e dixo que Galicia foi capaz de facerlle fronte á crise con medidas de aforro e control do déficit. "Non sei en que país vive vostede porque neste periodo 60.000 mozos tiveron que emigrar", repostoulle Jorquera.

O líder nacionalista atacou con datos económicos de desemprego e Feijóo insistiu en que os dados en Galicia son mellores que os do Estado. Ambos os dous tiraron de gráficos diferentes para demostrar que un e o outro estaban errados sobre os datos do paro rexistrado e da EPA.

"Carné de galegos"

No debate tamén saíu a relucir o famoso informe do Consello de Contas ao que Feijóo restoulle importancia. "Non existe tal informe, é un anteproxecto", dixo. "Será un anteproxecto pero está asiando polo ex conselleiro de Economía do PP, Juan Antonio Orza", espetoulle Jorquera.

Os dous dirixentes tamén se erixiron en defensores de Galicia e do autogoberno. "Non diga vostede quen debe ou non ser galego. Se fora polo BNG, Galicia sería máis cativa", apuntou Feijóo. "Eu non reparto carnés de galeguidade pero tampouco fago como vostede de supeditar Galicia ao que diga Rajoy porque vostede é un delegado de Goberno de Rajoy e o seu voto vai a Rajoy", respondeulle Jorquera que foi o único momento no que sacou a relucir o Goberno de Rajoy, un argumento que utilizou moito máis o líder socialista para desacreditar ao presidente galego.

Futbol e xornalismo

Durante o encontro producíronse varias anécdotas. Jorquera declarouse deportivista, "e como deportivista quero que o clube estea ben xestionado". "A vostede preocupalle que estea ben xestionado un equipo de fútbol. A min preocupame que o estea Galicia", respondíalle Feijóo.

E tamén houbo momentos de cabreo, especialmente, cando Jorquera amosou unha portada do diario La Región, que nos últimos meses ten unha liña moi crítica coa  Xunta, na que se criticaba o estado da sanidade. "Ese xornal ataca á sanidade pública e sacou unha nova que non está confirmada", dixo o presidente galego visiblemente enoxado. "Ten gracia que sexa vostede quen fale así da prensa", comentoulle Jorquera en alusión ao apoio que recibe da maior parte da prensa galega.

Xa na quedan final, e a pesares dos reproches, houbo "fair play" entre os contrincantes, algo que non aconteceu no debate entre Vázquez e Feijóo. "Desexolle moita sorte a vostede e ao seu partido nestes comicios", despediuse o presidente galego. "E tamén eu a vostede no personal", respondeulle Jorquera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 105 comentarios

3 Lubre

Señor Cocoliso, así é como se fixo e se está facendo a historia de España. O seu comentario é toda unha declaración de amor á verdade. Vivan as cavernas!

1 cocoliso

¿Non é certo que a Jorquera lle tremeran as mans e tivera que suxeitalas? ¿Non é certo que mentres falaba Feijoo se escoitou até en dúas ocasións axitar unha caixiña de Smint? Se Jorquera estaba nervioso pode ocorrer que fora unha actitude impostada ou real, pero se é real, ou está abrumado pola responsabilidade e o auditorio, cousa pouco compatible con alguén da súa longa traxectoria política, ou ao mellor Feijoo estaba desmontando as afirmacións de Jorquera, rompíalle o discurso, e poñíao nervioso.

2 Gustavo

Mimadriña meu, que fas comentando nos foros de internet? Con esa gran capacidade de escoitar un ruido e concluir que era unha caixa de Smint, non de trident, nin de outra marca calquera, con esa capacidade deberías estar en CSI ou algo así, digo eu..

3 cocoliso

Era Smint seguro porque eu as tomo e sei como soa a caixa de plástico, que hai que axitar previamente porque o normal é que non saia o caramelo cando presionas o mecanismo de apertura, etc. Era unha caixa, pequena e de plástico, non das de lata, de Smint, e aposto o que queiras, que estou segurísimo.

2 xose de compostela

Jorquera gañou por goleada, lembroulle a Feijoo todas as mentiras dos ultimos 3 anos, e desmontoulle a escusa de botarlle a culpa de do a ZP. Jorquera puxo en evidencia as contradicions do PP na construccion de barcos en Ferrol,ou o papel de Feijoo na estafa das preferentes, a ruina do pequeno comercio coa leberalizacion dos horarios comerciais, o desmantelamento dos servizos de sanidade e ensino por parte de Feijoo. Jorquera asestoulle un golpe nos fuciños a Feijoo cando lle lembrou o caso dunha persoa que leva 7 meses agardando a que a operen dun cancro.Feijoo quedou sen argumentos e non o salvaron nen as mentiras. Jorquera gañador, sen dúbida

1 cocoliso

Jorquera deume pena, non sei se foi unha actitude impostada ou real, pero comparando coa agresividade dos seus canciños producía unha certa lástima. Non so era que lle tremeran as mans, que tivera que suxeitalas ou pousalas na mesa, senón que até en dúas ocasións mentres falaba Feijoo escoitouse o son característico de axitar unha caixiña de Smint, como se tivera a boca seca, e de feito ao falar despois Jorquera notábase que tiña un caramelo na boca. Debate moito mellor que o de onte con Pachi. Hoxe Feijoo comeu con patacas a Jorquera.

1 Alfredo

Á persoa que fixo este comentario pásalle como a Feijoo, vive noutro mundo, ou é un mentirán.

2 teño lixo no coco

Unha de dúas: Ou enganas á túa empresa/xefe para estar todo o día comentando aquí no CG; ou es ti o teu propio xefe, estás no paro (como tristemente acontece con cada vez máis xente neste país), de vacacións ou xubilado. Mais en caso de estares desempregado, por que non probas a buscar un choio en vez de estar todo o día diante da computadora? Ou canto menos vai dar unha voltiña por aí, que xa debes feder a pechado. Unha aperta!

3 Xanti

Upegallos, welcome to reality, deixade de vivir nos mundos de Yupi. Jorquera estivo mal, punto, Pachi estivo mil veces mellor ca el contra Feijoo.

4 cocoliso

Para o que ten lixo ¿Pensaches na posibilidade de que acabara até os mismísimos dos aberchales dos nacionalismo e me propuxera pór todo o meu empeño en que non chegaran ao poder? Ti non sabes os quebrantos económicos e doutro tipo que poden xerar as ameazas, coaccións, ou ter que prepararse polo que poida ocorrer, incluso asumir que en calquera momento te poden pór unha bomba, pegarche un tiro ou unha puñalada, ou como onte mesmo por aquí, que me poden queimar a casa, que a pechase ben. Asumido queda todo ese risgo e non lles teño medo porque eu se caio será de pé e non axionllado, custe o que me custe, e eso inclúe perder o traballo ou a vida. É o que ten esto de pensar que se pode controlar á sociedade meténdolle medo. Ah, e non milito en nada, tan so lle tocaron as gónadas a un cidadán calquera.

5 Xanti

cocoliso, meter no mesmo saco aos abertzales e ao resto dos nacionalistas é un craso erro. Catalunya foi unha das zonas mais castigadas por eta e sempre gobernou ciu. e a pesares de carod rovira e o seu noxento intento de tregua. así que antes de soltar isa animalada pensa un pouco o que dis.

6 cocoliso

Penso en función do que percibo. Estou lembrando a asesores dalgunha consellería nacionalista que asinaron contra a detención de Antón Santos, aínda hoxe preso; estou pensando nun asesor dunha concellería nacionalista da Coruña que segundo un blogue dunha asociación de veciños, chamou a un desta asociación, de beirarúa a beirarúa: ¡FASCISTA! ¡IMOS POR TI! ¡TEN COIDADO, CAN! Estou pensando mesmo en Callón que asinou contra a ilegalización de HB. Penso tamén nos partidos da selección "nacional", fabricados por unha consellería nacionalista, partidos nos que había manifas previas con xente encarapuchada, dando berros que metían medo, para despois dirixirse ao paseo marítimo da Coruña e queimar contedores, "un pouquiño de lume para quentar o ambiente".

7 cocoliso

Por pensar penso tamén nun sindicato nacionalista con fama de ser uns bestiñas, e nun dirixente do que contou unha señora que con motivo dunhas eleccións a collera polo pescozo, e fixo un parte de lesións en urxencias, e denunciou ao sindicalista. Non oh non, teño memoria, que son moi pechados, moi dogmáticos e moi bestiñas, capaces de traspasar liñas vermellas, e non os quero.

8 Xanti

todo parecido ca realidade é pura ficción. verdade que se comparo a todos os do pp ca falange vasme dicir que non é o mesmo????? Camilo Nogueira ou Coalición Galega tiñan unha pinta de abertzale que vamos... manda carallo.

9 cocoliso

Sí, é todo un conto. Non me veñas con sofismas nin negando o evidente, falange é un partido prácticamente histórico; pola contra a esquerda segue cometendo actos de violencia que xustifican cos argumentos mais peregrinos. O carallo 29, vamos.