CIG denuncia falta de persoal no 061 ante o incremento de chamadas polo coronavirus

O sindicato asegura que a empresa chama a persoal do cadro para que vaia traballar nos seus días libres a cambio de pagarlles como horas extras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2020 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

A CIG denunciou este venres que a empresa subcontratada polo 061, Grupo Norte, para xestionar o servizo de atención telefónica dos números 061 e 900 400 116, nos que se informan sobre dúbidas relativas ao coronavirus, "chama ao persoal operador para que vaia traballar de día libre a cambio de pagarlle como horas extraordinarias".

Deste xeito, informou o sindicato nun comunicado de prensa, rexeitan o anuncio do Sergas relativo á contratación de máis persoal operador para reforzar o servizo e poder atender o incremento de chamadas producidas polo coronavirus.

Respecto diso, a CIG explicou que este persoal asegurou que o pasado sábado "foi traballar unha persoa na quenda de mañá e outra na de tarde, e o mesmo pasou o domingo". Ademais, indica que a partir deste venres a empresa Grupo Norte, "acatando ordes do 061, fará o mesmo entre as 9,00 e as 16,00 horas e entre as 16,00 horas e as 23,00 horas".

"Non está a haber contratación de novo persoal para levar a cabo este reforzo de persoal, senón que se chama a persoal do cadro para que vaia traballar no seu día libre (de descanso) a cambio de pagarlle a quenda como horas extraordinarias", criticou a CIG.

Centro de chamadas do 061
Centro de chamadas do 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta