Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

15 Recortes por imperativo legal

Todolos analistas de fora,falando da desafección popular polo sistema burgués de eleccións e da "democracia censitaria". De que son tantos os que non votan coma os que votan, pese a carrexos, clientelismo e totalidade de medios de comunicación en poder da burguesía. De que o PP goberna co 28% dos votos. De que o PP perde 130.000 votantes e as forzas de esquerda 100.000. De que 230. 000 galegos menos votaron (un 9%). E os autistas falando do sexo dos anxos. Que mais da PP, que PSOE, Bloque ou AGE? En Andalucia IU-SOE acaban de aprobar os mesmos recortes que Feijóo, disque por imperativo legal.

1 servando

Certo. O que acontece é que algúns -semella que son moitos- precisan un malo, moi malo, para aparentar que os outros -eles- son "buenos". Iso é na oposición, no poder obedecen a intereses igual de miserables e mallan nos que menos teñen. A diferenza entre a dereitona e a progresía farsante é nula, só a perceben os inocentes e os adeptos que precisan crer, e iso sábeno moitos abstencionistas ou que optan por partidos minoritarios (Partido da Terra, por exemplo).

14 Recortes por imperativo legal

Todolos analistas de fora,falando da desafección popular polo sistema burgués de eleccións e da "democracia censitaria". De que son tantos os que non votan coma os que votan, pese a carrexos, clientelismo e totalidade de medios de comunicación en poder da burguesía. De que o PP goberna co 28% dos votos. De que o PP perde 130.000 votantes e as forzas de esquerda 100.000. De que 230. 000 galegos menos votaron (un 9%). E os autistas falando do sexo dos anxos. Que mais da PP, que PSOE, Bloque ou AGE? En Andalucia IU-SOE acaban de aprobar os mesmos recortes que Feijóo, disque por imperativo legal.

13 Francisco XGV

Abrente si que me parece un artificio coxuntural que non ha de durar moito. Sr Aymerich: non será millor que antes de pedir a "reunificación", a tres días do desastre (a UPG, con lóxica, pensará que isto é unha estupidez "¿¿¿nós, derrotados, á suplicarlle ós Anovos unidade???? nin soñalo!"), primeiro falen entre vdes do seu, e analicen cal vai ser o papel que van xogar a partires de agora? Que van ser. Que mensaxes van transmitir. A quen. Que van priorizar; Resitúense. A realidade xa o fixo por vdes. Os que votamos AGE sabemos que esta forza non é aínda ningún modelo de concreción, pero fixémolo porque estamos por iniciativas rupturistas. Alguén me diría quén foron historicamente os rupturistas, se a ANPG-BNPG-UPG e mesmo o BNG, ou o PCE; No seu tempo foron os primeiros, agora non se percibe así. ¿Realidade ou ficción? Eis a cuestión.

12 Conmigo que non conten

Sería o mais lóxico, xa que son frontes sistémicas, populistas e de discurso socialdemócrata. Non creo que vaian a recuperar os 100.000 votos perdidos pola esquerda nas últimas eleccións, mais tendo en conta que toda alternativa pasa por pactar co PSOE. O discurso posibilista e postmoderno non cala nas clases traballadores, quizais en imberbes que van de ciber revolucionarios si. Con mingo que non conten, levo tempo sen votar e nunca mais votarei, dentro deste sistema amañado. Cada vez mais xente pensa coma eu. É o tempo doutras alternativas verdadeiramente anti capitalistas.

1 Ciber Imberbe

Refúxiate en ti mesmo, seguro que desfrutas da cosmogonía da túa mente, renovada a cada minuto.

2 pois

partidodaterra.net

11 Carlos, analista

Recoméndolle a Carlos que lea o excepcional análise antropolóxico que verte Paco Rodriguez en sermosgaliza. A culpa, xa se sabe é do pobo galego (200.000) por darlle os votos a Beiras, cabeza visible do contubernio mediático patrocinado pola Coz de Galicia co único obxectivo de destruir ao BNG. Carlos, a túa credibilidade política está a altura de Paco Rodriguez; altura á que te situaches voluntariamente, iso si, co premio dun posto parlamentar, evitando o teu reingreso ás aulas, a onde, lembrate ? tiñas promedito regresar.