Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

10 augadoce

Discurso "que lle impuxeron a Jorquera o Domingo", esto tense que explicar quen impuxo ese discurso: A UPG, os asesores do BNG, os traballadores, quen manda.... Bueno, vai a ser a primeira vez que dende as gradas imos ver como o BNG se lia de novo nunha pelea sen final, para votar fora aos "disidentes", desta volta tocaralle a parte do Movemento galego ao Socialismo, porque coma sempre, os de Abrente criticarán pero non para marchar, senón para conseguir maior cota de poder....

1 AlemánDoCarallo

ö MGS dís? pero ti sabes quenes son? o filial da upg? vanlle dar a Ramiro Oubiña, un dos mellores lacaios e especialista en traballos suxos que teñen? creo que andas algo perdido.

9 pepín-pin

Carlos Aymerich se tivese dignidade marchaba para casa, mais "a pela é a pela"

8 Meco

Aymerich e Caamaño non están ben do seu, non? Dous dos maiores responsables do fracaso, como se non fose con eles... Sobran na política galega.

7 Flautista

Aymerich a un gulag en Sibeira, por polisón.

6 anonimo

Primeiro traizoa aos seus e queda no BNguai, e agora ten frio dentro. Como politico xa non tes credibilidade ningunha.

1 nonsomostontos

traizoou aos seus e montou outro chiringuito para dar cobertura á frente que vende a UPG e como premio deputado pola provincia de Pontevedra ao Parlamento e uns postiños nas listas para os seus lacaios. Lo tuyo, chaval es puro mercado.