Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

25 Ronsel

Aymerich: de merlo branco a mamporrero da UPG. Abrente? coma o Partido Campesino na época da dictadura comunista en Polonia.

24 Pechante

sembraches ventos e recolles tempestades. Es o peor da política, enganaches aos teus, submiso á UPG e agora queres dar exemplo de qué?

23 Metiches a pata

Metiches a pata, ben metida. A miña opinion é como a de moitos. Eu son ex do BNG, porque xamis gustoume o comunismo, e non gustame a vosa oposicion. Sempre con palabra hocas, falais para a galeria. Ao PP, hay que enfrentarse de cara, como fai Beiras. E non falar por falar. Non podes tirar a pedra e esconder a man. Non está ben o que fisiches con Mais Galiza, e ti o saibes. Que iso de promover unha opcion mais despois deixalos tirados?. Agora Beiras pode daros o "matarile si quere", como Yonalda IU, pode facer o mesmo co PSG. Si recoñozo que se empeza por poder solucionar as cousas con humildade.

1 Nacionalista

Ademais de non saber escribir na lingua do noso pais, dis que non apoias aos comunistas da UPG e votalles aos comunistas do PCE, via IU. Pois si que eres list@!!

2 Coruñés

Enfrentarse ao PP ou darlle a mao a Fraga e ir comer con el no Vilas de Santiago é o que fixo Beiras...que a política non vos e tan fácil...e xa o veredes de aquí a un ano. Unha oousa e non estar de acordo co comunismo é outra e sair de unha para meterse noutra. Ncesitamos pluralidade no nacionalismo (esta por ver o que da si Compromiso) o que non necesita o país e laCayos de Lara.

22 Spanish Proud

Por favor, no sigáis animando a este sujeto a que regrese a las aulas a contaminar de nazionalismo las cada vez más pobres mentes de algunos jóvenes universitarios. Con los profes que hay en la Universidad ya es bastante y la Logse ha hecho mucho daño. Es mejor que se quede en el parlamento y que allí se dedique a sus labores. Y, por favor, que nadie compare a este sujeto con Beiras. No soy lo que se dice un admirador político de este hombre, pero Aymerich no le llega ni a la suela del zapato. Que se quede en se escaño y, de paso, que le acompañen unos cuantos profes pijo-progres al mundo de la política y se depure el cuerpo de docentes. El daño a la juventud todavía no es irreparable.

1 Akribéstaton

Já sabemos que sabes supurar bile. Agora só falta que apresentes qualquer argumento. E, se te limitas a (des)qualificar gratuitamente, quando menos intenta ser original.

2 Spaniard with 2 bollocks

Cierto, menos mal que nos queda la roja para iculcar la conciencia y el orgullo de ser español. Habrá que esperar los nuevos planes de Wert para des-nazionalizar las mentes de los universitarios, influenciados por nefastos personajes y españolizar por el bien de sus almas a los pobres galleguiños susceptibles de caminar cara el lado oscuro del naZionalismo.

4 Ronsel

Para nazionalismo o nazionalismo espanhol

5 Spanish Proud

Queridiño Akribéstaton el mejor argumento de lo que digo... eres tú.

6 Spanish Proud

Ronseliño, el nacionalismo español te permite a tí escribir en portugueseiro. Si no estás a gusto en España, vete a Portugal o a Mozambique; allí escriben en portugués y seguro que todos te entienden y te tratarán mejor que aquí.

7 Ronsel

Ignorante! se non sabes de filoloxia e de historia cala a boca... eu non tenho que ir a ningures, eu estou na minha casa, na miña terra, espanholinho... e ti? podes dizer o mesmo?

8 Ronsel

O nazionalismo espanhol impedía empregar o galego coma lingua oficial e despreciaba a quen a empregaba, non preciso autorización de ninguén para escreber o que me pete e como me pete

9 Akribéstaton

Isso é todo o original que podes ser? A ver... O nacionalismo espanhol não permite nada: tem que tragar. Além disso, os que escrevemos em "portugueseiro" fazê-mo-lo PORQUE SABEMOS, e sabemos porque pusemos do nosso tempo, do nosso esforço e da nossa inteligência (outros dedicam tudo isso a celebrar que são campeões do mundo). Além disso, é também uma NECESSIDADE porque é justo e necessário manter a dignidade neste tempo de vileza, resignação e inércia. Áxion ésti: mas que vai entender teu neurônio de berberecho? E por último o estrambote que deixa bem claro teu neurônio nem é universitário mas de primário e unilateral. Ainda que é possível que sejas Catedrático de Ignorância Consagrada.

10 Ronsel

E falando de contaminar as aulas non sei como non mencionas que o galego esta prescrito nos tres primeiros anos de Educación Infantil, incribel! pensades que os pícaros de tres anos tenhen uma mente tan curta coma a vosa! Estatísticamente, os estudantes con melhores cualificacións son aqueles bilingües/trilingües (que non diglósicos) coma os fineses, que aparte do seu idioma, dominan o inglés e dependendo de onde esteñan, o lapón e o sueco.

11 todoenorde

Iso, iso, que veña Wert a españolizarnos na universidade, a ver se saimos todos tan listos como o Spanish Proud (orgullo español fedorento) e que veñan tamén os do OPUS a guiarnos espiritualmente en el proceloso mar de la vida y del pecado. Amén.

21 Galicia Confidencial

Un comentario foi eliminado deste fío por conter unha descualificación. Grazas aos que comentades, sexa cal for a vosa idea política, con sentidiño e educación.