Abrente aposta por cambios de discurso no BNG

A formación que lidera Carlos Aymerich aposta por abrir espazos de diálogo cos escindidos do BNG para tentar crear unha "nova casa común" do nacionalismo. Tamén Xavier Vence aposta por esa vía.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/10/2012 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os resultados do pasado domingo non deixaron satisfeitos a moitos dentro do BNG, especialmente, ao colectivo Abrente, o grupo que lidera Carlos Aymerich e que decidiu non marchar con Máis Galiza. 

Carlos Aymerich nunha rolda de prensa
Carlos Aymerich nunha rolda de prensa | Fonte: BNG

Precisamente, aos membros deste colectivo non lles gustou o discurso que se lle impuxo a Jorquera tras a derrota electoral e no que se evitou facer unha autocrítica fonda do acontecido tentando botar "balóns fora".

Posicións compartidas

Por iso, na Executiva do pasado luns, Abrente mantivo unha postura crítica con este discurso e pediu que se recoñezan os erros cometidos polo BNG e que se evite, na medida do posible, atacar a outras formacións políticas, nomeadamente, a AGE, que lidera Xosé Manuel Beiras. Esta postura tamén foi compartida por algúns dos dirixentes máis moderados da UPG, segundo as fontes consultadas por GC.

Deste xeito, o discurso do voceiro nacional durante a rolda de prensa posterior a esa xuntanza foi moi diferente ao do domingo. Guillerme Vázquez evitou responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñeceu que era "moi malo". Anunciou, ademais, a apertura dun proceso de "reflexión" na formación e non descartaba recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro.

"Unificarnos todos"

Precisamente, nesta idea é na que incide o líder de Abrente, Carlos Aymerich, para quen é "fundamental" recuperar a unidade do nacionalismo. "O BNG xa non está só no mundo nacionalista e temos que unificarnos todos", suliña en declaracións a GC.

Por iso, Aymerich,  que é o único representante desta corrente no Parlamento galego xa que os outros seis deputados do BNG foron elexidos na lista da APU, aposta por non repetir "erros e problemas persoais" do pasado e avoga por crear un proxecto dentro do BNG que sexa "atractivo" para os nacionalistas que marcharon hai uns meses; Encontro Irmandiño e Máis Galiza, principalmente. 

Tamén Xavier Vence

Na mesma idea afondou o catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence, quen nun artigo publicado no xornal nacionalista Sermos Galiza, defendeu tamén unha unidade de acción entre as forzas que están ou estiveron dentro do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 156 comentarios

20 Coruñés

Non entendo a estrana habilidade de Pilar Garcia Negro e outra xente do BNG para facer amizades. Non acepto españolismo como estratexia política. Non sei quen lle deu a mao a Fraga. Non sei quen colocou a Quintana (dixeronme que fora un señor de barba blanca). Amigos a ver se vos dades conta de que a política non é tan simple, que cada quen ten que facer as suas reflexions,daqui a tres semanas sempre e cando se serenen os animos e a xente argumente políticamente e non con visceralismos ao millor podense sacar conclusions. Eu aposto por mudar cousas non nacionalismo (digo no nacionalismo non no españolismo) xestionar proxectos e non ser como até de agora meros espectadores.

1 Coruñés

Nen a UPG son tan maus (incopetentes e egolatras muitos deles si pero tampouco son os únicos) nin pactar co españolismo e a solución. Os erros do BNG nos últimos anos tamen foron os erros de muita xente que agora está fora, so que parece que a cousa non vai con eles. Pola miña parte so espero que me demostren o que queren facer, se é dentro do nacionalismo teñen os meus parabens, se é facer testimonialismo como fixo ate o presente o nacionalismo galego para iso xa temos ao BNG, se queren ser comparsas do españolismo mal van. E lexitimo ser nacionalista e non querer militar no BNG.

2 Coruñés

A crise do BNG (para alguns crise do nacionalismo) é un fenomeno aumentado polos poderes mediáticos (será cousa tamen de ter poderes proprios) e incompetencia de xestión. Que muita xente non queira estar no BNG entendoo vistas muitas cousas é lóxico, é necesario xubilar dinosauros.

3 Norma

Eu aposto porque non nos digas aos demais por que temos que apostar en termos políticos. A elite -ehem- de intransixentes que dirixía o BNG e aseguraba que Galiza era o BNG rematou. Alabado sexa Deus.

4 Ronsel

Quintana? falamos de cando por vez primeira o nacionalismo galego formou goberno? Quintana? ao que a UPG lhe deu as costas na campaña eleitoral? se realmente és corunhés e do BNG saberás como a UPG da Corunha non fixo NADA por trabalhar na campanha eleitoral do 2009

5 Un vello galeguista

As cousas van cadrando. A quintana defenestrárono os propois bloqueiros da Coruña, a C X G ninguneouno a prensa capitalista, por que? Era perigoso ese partido? Para quen? O nacionalismo ten de dotarse de medios nacionalistas, non partidistas; pero que non deixen a ningunha versión nacionalista na sobra máis oscura.

6 ondiñas veñen

Imos ver: eu penso que este combate descalificador non leva a ningures. Eu son nacionalista e non estou afiliado a ningunha organización. Norma: Beiras non dirixía o BNG? E Martiño? e Encarna? e Lopez Rico? e moitos outros e outras mais. Os erros foron partillados. Para min, o erro político maiúsculo foi abandonar o BNG cando, practicamente cun empate técnico, se podía forzar unha negociación que dese orixe a unha "cousa" diferente. Agora xa foi alá e Izquierda Un(d)ida, que caben nun taxi, teñen un grupo de 5 membros e o nacionalismo, o grande aporte de votos, 4. Non é para estarmos felices, de verdade. Dígoo eu, coa maior humildade do mundo.

7 DigoEu

Eu digo que é enormemente positivo que unha esquerda auténtica (os de Beiras e Esquerda Unida) teñan máis representación parlamentaria. É FALSO absolutamente que EU sexa antigalega, dicir esas cousas é facer o imbécil de maneira lamentable. A culpa da división do nacionalismo de esquerdas en Galicia tena toda o BNG-UPG, ou sexa, máis ben a UPG. Por negarse a ir en coalición con outras forzas nacionalistas e de esquerdas. EU-IU non importa nada se é de ámbito galego ou estatal, porque é estatal pero non por iso deixa de recoñecer o dereito á autodeterminación de Galiza. Así que menos lerias e que cada un asuma a súa propia responsabilidade, e a do BNG-UPG é moita e xa dura demasiados anos.

19 2012

E digo eu: por que narices non se cargan a UPG xa dunha vez, sendo como é o cancro do nacionalismo galego actual?

18 carguiño

Pero este non era un dos líderes da renovación de +Galiza que despois ficou coa UPG para manter o escano no "Parlamentiño"?

17 Decepción

Benquerido Carlos.: A verdade é que para esta viaxe non precisabas albardas. Que mágoa, queimar dese xeito tan feo un futuro político innegable e una traxectoria tan brillante. Agora es un traidor para todos, e ademais acúsante de interesado por non querer ir de terceiro pola Coruña porque, obviamente sabías que non era seguro. Ti que pensaches, que os votantes somos parvos e que por nacer en Vigo xa estaba?. En chegando a este punto o mñais digno é dimitir e adicarte as túas clases, e se cadra co tempo, aínda es novo, podes volver á política con dignidade. Facer o contrario e seguir afundindote na lama.....Que mágoa, ti que podías ser o sucesro natural de Beiras.

1 Chiquito

concordo totalmente

16 Iria

Aymerich perdeu algo básico nun político, a credibilidade. O primeiro episodio tivo lugar cando animou a +Galiza a retar a U e despois botouse para atrás, non aceptou facer o que promoveu. Na campaña foi máis papista que o Papa. Acusacións e descalificacións continuas a AGE, iso si, declaracións populistas de celtismo, todo un retrato de político oportunista. Polo tanto, o que faga e diga é insubstancial. Sintoo, non é mala persoa.

1 mk__

Se fose por iso, non sei se quedaria algun deputado.

2 raprap

Efectivamente, Aymerich perdeu toda a credibilidade e é un tipo infantil, pero listo. Non sabe que facer para estar sempre no candeleiro, montar bullas, meter en problemas á xente que despois se afunde mentres el segue montado na poltrona. Externamente non ten simpatías e é moi faltón co persoal. O de sempre, outro político profesional.