Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2020 | Actualizada ás 21:40
Nunca un Día do Pai coma este se viviu, no medio dunha alerta sanitaria por mor da expansión do coronavirus e cunha morea de restriccións de mobilidade para previr os contaxios desta enfermidade. A situación é complexa, mais tamén é importante non perder o sentido de humor e intentar facer este tempo máis levadeiro.
En Celanova decidiron, con este mesmo propósito, encher os balcóns de globos de cores e facer soar a Rianxeira ao longo de toda a rúa Emilia Pardo Bazán. Unha iniciativa veciñal para aledar estes días de confinamento a través de música ambiente e decoracións en plena festividade de San Xosé.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.