O alcalde de Ourense bromea co drama do coronavirus e ironiza co contaxio dos socialistas

"Como se sigan contagiando socialistas van a colapsar la sanidad privada", compartiu na súa conta.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 29/03/2020 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, volveuna liar. Non hai semana que o rexedor non sexa o centro dunha polémica. Desta volta, po branco das súas críticas é o PSdeG.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.

Unha mensaxe irónica de máis pola gravidade desta crise que, case no momento, colleitou numerosas críticas, entre elas, a da presidenta da Deputación de Ourense, ou mesmo a do escritor Manhuel Rivas que escribiu: "Este tipo ruín é alcalde de Ourense cos votos do PP e tivo a bendición de Feijóo. As desgrazas nunca veñen soas".

Jácome defendeu a súa publicación e defendeu que é un "chiste" que non é seu, senón que compartiu y lembrou que é porque a vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, acudiu a unha clínica privada a tratarse ao ter síntomas de contaxio por coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta