Familiares da embarazada morta: "Isto non ten nin pés nin cabeza. Ela estaba perfectamente"

GC tenta reconstruír os últimos momentos de Fani, embarazada de máis de oito meses. Non é unha crónica sensacionalista, nin un fake. Falamos con amigas, falamos con familiares e están de acordo no ton e no enfoque desta reportaxe. Fani foi dar a luz ao materno infantil da Coruña e xa non volveu. O informe oficial di que morreu de COVID-19 e unha “patoloxía crónica”. A familia nega que exista patoloxía crónica e asegura que non tiña ningún síntoma da enfermidade ata que acudiu ao hospital.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 30/03/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Fani, 37 anos. Unha rapaza moi coñecida en Carballo. Emparellada con Juan, electricista e nai dun pequeno. Ata este sábado a súa vida era como o dunha persoa normal. Normal se se pode chamar a anormalidade de estar nunha situación de confinamento e a un estado de alarma xeralizado. Pero, dado o seu avanzado estado de embarazo, ela, estaba confinada na casa e só se relacionaba co círculo íntimo familiar; a parella, o fillo e os pais.

Hospital Teresa Herrera, na Coruña
Hospital Teresa Herrera, na Coruña | Fonte: Ogmios Proyecto

O sábado pola tarde chatea con amigas. Ningunha sospeita nada. Son ás 20.00 horas. “Díxome que cociñara unha lasaña, que mirara o discurso de Pedro Sánchez e que lle parecía ben que se pare a actividade económica, aínda que o tiña que facer antes”, apunta unha das súas coñecidas. Fani tamén amosa o seu enfado polo que manifestou un dirixente holandés crítico co tratamento que se lle dan aos vellos en España. Ata ese momento todo vai ben.

Pero dúas horas despois todo cambiou de súpeto. Acude ao hospital Teresa Herrera, o centro materno-infantil do Complexo Hospitalario A Coruña, cunhas décimas de febre e, sobre todo, con dor abdominal. Un síntoma que os médicos que a atenderon interpretaron que eran contraccións do parto. Así que a levaron de urxencia para o paridoiro. Entra polo seu propio pé.  Dinlle que lle van facer probas previas. E autoriza a facer unha cesárea. Pouco despois un médico comunícalle á súa parella que o bebé, unha nena, nacera morta, e que a muller atópase moi mal. E un pouco despois outra triste noticia. “A túa muller tamén morreu”, espétanlle.

CAL É A CAUSA DA MORTE?

O impacto para Juan é brutal. Tanto, que queda en shock. Un shock que se incrementa cando lle din que Fani tiña coronavirus e que el ten que facer a proba. Fanlle a proba e mándano directamente para casa a gardar corentena. Non sabe de Fani, non sabe do bebé, non sabe de nada. Nese momento, xa se aplicaran os protocolos de contaxio por COVID-19 e o corpo de Fani e o da súa bebé morta son entregados a unha funeraria que os incinera. Ninguén da familia está presente.

Imaxe dunha intervención
Imaxe dunha intervención | Fonte: EP

Pero cales son as causas oficiais?. Fontes consultadas por GC apuntan como “causa da morte inmediata” a unha “parada cardiorespiratoria”, pero como “causa fundamental” ao “COVID-19”. Desde o Sergas emiten un comunicado no que din que Fani é unha vítima máis do coronavirus e ademais, suliñan que ten unha “patoloxía crónica”.

“Isto non ten nin pes, nin cabeza. Ela estaba perfecta. Non tiña nada. Non sabemos de que patoloxía crónica se trata”, di o seu irmá Juan. Nin el, nin a parella, nin a nai saben nada de ningunha patoloxía crónica. “O único é que tiña o azucre alto pero iso é normal nas embarazadas”, aseguran. De feito, e revisado o seu historial médico confirman que non existe ningún tipo de "patoloxía crónica".

GC ponse en contacto con fontes oficiais do Sergas e da Área Sanitaria da Coruña. Confirman o parte que deron o domingo: “patoloxía crónica previa” e vítima do coronavirus. Insisten en que non falaron nunca de “patoloxías previas”. “Non podemos dar máis datos porque entra dentro da confidencialidade do paciente”, aseguran. Outras fontes sanitarias consultadas por GC suliñan que, durante a intervención en quirófano no Hospital Teresa Herrera rexistráronse complicacións, houbo hemorraxia e a muller faleceu, mentres que o seu bebé naceu morto.

INDIGNACIÓN E CONSTERNACIÓN

Os familiares atópanse entre consternados e indignados, confundidos e, sobre todo, indefensos. Non hai xeito de saber a morte real de Fani. Oficialmente tiña coronavirus, pero o seu home dá negativo nas probas. “E iso como pode ser se estaban convivindo na mesma casa?”, aseguran. Os pais, xa de idade avanzada e moi vulnerables ante esta enfermidade, tampouco presentan síntomas polo momento.

E como puido contaxiarse Fani se o único que saía fora da casa é o seu home e deu negativo nas probas?. Porque o confinamento de Fani non comezou o 14 de marzo, cando Pedro Sánchez anunciou oficialmente o Estado de Alarma. Levaba xa dous meses de baixa laboral e un mes de repouso case absoluto na casa, só en contacto co seu círculo familiar íntimo, especialmente, polo seu estado.

NUNCA MANIFESTARA SÍNTOMAS

“Se ela tiña coronavirus o seu home e os meus pais tamén tiñan que dar positivo”, asegura o seu irmán. Juan, o home, unicamente saía a facer servizos de emerxencia e sempre só co que o contacto con outra xente era mínimo e, ademais, el deu negativo ás probas.

“Ela nunca manifestou síntomas de coronavirus. Se o soubera, claro que nolo tiña dito”, asegura a súa amiga. De feito, suliña que a semana pasado fixo unha ecografía e unha análise de sangue e todo saíu ben. “E como é posible que vaia un sábado ao hospital, pouco despois de falar con ela, e acabe morta ela e o bebé?”.

Custa entender o que pasou no Teresa Herrera a noite do pasado sábado. Esta mesma amiga lembra que no seu recente embarazo tivo tamén unha experiencia traumática e que “veu a morte preto” pola incompetencia dalgunha persoa. Pero, oficialmente, Fani é unha das vítimas do COVID-19. O seu corpo non existe. Só hai cinzas e das cinzas non se poden facer autopsias. A familia terá que agardar a coñecer o informe médico para tentar analizar ou interpretar as verdadeiras causas da morte de Fani.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 anonimo

Deixando a parte a posibilidade de que fose unha neglixencia médica, o propio artículo contradicese, di que levaba mais dun mes confinada, pero tamen di que a semana pasada fixo unha ecografía e unha proba de sangre. Así que pudo pillar o COVID sen que fose a través do seu marido.

7 taty

Yo di a luz a dos de mis tres hijos allí, y mi experiencia en mala....el último parto no llegué al quirófano di a luz en la habitación, ya q l señora matrona o como se llame paso de mi cómo de la mierda...y me desgarre toda me obligaba a no empujar...pero eso no es todo pidiéndoles durantes horas después del parto para el dolor y no caso....y no solo eso mi pequeño todo cargado y sin pañal y avisándoles...muy mal

6 Maitechu

Seran humanos pero esto ahora se hay indiligencia non vai ser todo coronavirus ...abra algún deses que digan a verdad ou son capaces de tapar e dormir o resto da vida ...

5 un que sabe

O importante e saber cal e foi a causa da parada, eu lembro dun caso onde a muller nun parto por cesarea onde a muller morrera desangrada, a cousa foi tan grave que non deu para facer un-ha histerectomía, creo que lle tiñan transfundido 26 bolsas de sangue pero que non se poido facer nada, nese caso era un erro medico o fondo do asunto (un parto con cesarea ten os seus riscos, coma os ten un parto normal) a sanidade baixou moitisimo a mortalidade dos partos e das suas consecuencias ( lembrade a semmelweis o medico das nais)

4 Roberto soto

A miña muller dou a luz ahi ,cun embarazo de alto riesgo e houbo de falecer o noso neno na uci e con secuelas de por vida, miras os informes do parto e non din nda,cando a sua médica nos dixo ..non sei como non denunciastes co que pasou..!! Despois recapacitou o vernos extrañados , e dinos..bueno eu non vos dixen nda,n kero problemas..

1 Maríasun

Con el parto de mi primer hijo estando todo perfectamente, evolucionando el trabajo de parto de manera normal, de repente a una iluminada se le ocurrió suministrarme oxitocina, sin previa consulta ni autorización, ni información. Como resultado sufrí un desmayo y a mi bebe se le paro el corazón.Gracias a la oportuna aparición del cirujano, me realizaron una cesárea de urgencia y mi bebe después de las 48 horas de observación estaba sano y fuera de peligro. Después de estar muerto en mi barriga. Ojalá hubiera denunciado, pero el que todo saliera bien, al final, hizo que lo dejáramos todo en un mal recuerdo.