Por Galicia Confidencial | Ourense | 31/03/2020 | Actualizada ás 11:38
Final de marzo e comezos de abril. Tras unha semana de bo tempo e a pesar das grandes chuvias do pasado ano e de comezos deste ano, Galicia volve a arder. E, desta volta, nunha situación anómala na que, a xente debería estar confinada nas súas casas gardando a corentena.
Entre o 30 e o 31 de marzo, é dicir, entre o domingo e este luns, houbo varios focos, algúns deles importantes, en zonas da costa e da alta montaña de Galicia.
Os principais focos estiveron en Ourense, principalmente, en Guntumil (Muíños), Olelas (Entrimo), na Mezquita, en Avión e en Vilamartín de Valdeorras. Pero tamén houbo lumes nas Chás, a Serra do Barbanza, e en Santa Comba.
Algúns deles superaron as 20 hectáreas queimadas, como o da Serra do Xurés e o de Valdeorras, que aínda segue activo e que na noite deste martes ameazou con chegar á aldea de San Vicente de Leira.
As lapas formaron unha fronte de 1,5 km de lonxitude. Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume de Vilamartín de Valdeorras está estabilizado desde as 5,55 horas deste martes e nel traballan cinco axentes, nove brigadas e tres motobombas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.