Medios de EE.UU. destacan a labor das forzas policiais de España entregando máscaras á xente

Mentres, nalgúns estados norteamericanos a policía é utilizada para mallar nos que non levan máscara no transporte público. Sindicatos policiais galegos dicían este martes que facer iso é "impropio" do seu traballo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/04/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A ABC, unha das catro canles televisivas máis importantes dos EE.UU. destacou nun dos seus informativos o feito de que as forzas policiais españolas estean entregando máscaras de protección aos cidadáns, especialmente, en estacións de metro, tren e autobús.

Policías reparten máscaras no transporte público. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN OURENSE
Policías reparten máscaras no transporte público. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN OURENSE

Unha situación moi diferente á que se vive en determinados estados e cidades de Estados Unidos, onde a Policía é utilizada para desaloxar do transporte público ás persoas que non teñen máscara.

Este martes, e a pesar da loubanza de medios estadonidenses deste tipo de actividades, catro sindicatos policiais trasladaron aos mandos policiais en Galicia que consideran "unha función impropia" ter que repartir máscaras á cidadanía e comunicaron que deberían ser outros colectivos, como Protección Civil, Bombeiros e servizos de emerxencias, os que poderían desenvolver este labor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta