Bares e restaurantes "ao bordo do abismo"... Cando e como volveremos aos de toda a vida?

Cunha proxección de futuro difícil de xestionar, bares, restaurantes e hoteis buscan xa as medidas máis adecuadas para garantir a seguridade sanitaria da clientela unha vez que reabran. GC fala coas asociacións de hostalaría de tres cidades galegas para saber como esperan esa volta.

Por Uxía Iglesias | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

"Incerteza". Esta é a palabra que mellor define o estado xeral do sector da hostalaría, que se mantén pendente de coñecer cal será esa ansiada, ao mesmo tempo que temida, data de reapertura de bares, restaurantes e hoteis. Poucos se animan a aventurar os prazos aínda que manteñen unha "pequena esperanza" de que o sector "non perda o resto de ano" e xa a mediados de xuño poida comezar de novo, con cautela, a actividade dos locais. Agora ben, pensar en cando se recuperarán os niveis pre-crise xa é "xogar a ser adiviño".

Imaxe dun restaurante
Imaxe dun restaurante | Fonte: Pixabay

De que maneira terá lugar esa volta é outra das incógnitas aínda sen resolver. Pendentes do que digan as autoridades sanitarias, os hoteleiros xa comezaron a barallar cales son as medidas que máis poden adecuarse a cada un dos negocios de cara a garantir a seguridade sanitaria da clientela: fálase de biombos, de distanciamento social, de sistemas de desinfección con ozono, de lámpadas de raios ultravioleta... Pero, máis alá, os bares e restaurantes están preocupados por se todo isto "compensará". "Estamos desexando abrir, pero en canto o fagamos, a sensación é de que imos ter que pechar. As cousas están moi feas e non poderemos soportar os custos", indica o presidente da Federación de Hostelería de Pontevedra, César Sánchez-Ballesteros. 

A VOLTA A BARES E RESTAURANTES

O regreso aos bares, restaurantes e hoteis será moi diferente a cando os deixamos, xa hai case dous meses. Esta 'nova normalidade' que nos espera como sociedade logo de superar o punto álxido da pandemia da Covid-19 cómpre deseñala e cimentala. Un dos retos máis importantes do sector pasa por poñer en marcha medidas que eviten o contaxio e que aseguren a "tranquilidade e a confianza" do cliente. Hostelería de España está xa traballando en protocolos para crear certificacións sanitarias a nivel estatal.

Neste sentido, dende a Asociación de Hostalaría de Compostela apostan, nesta "volta escalonada á normalidade", por sistemas de desinfección con ozono para manter a "hixiene ambiental" dos establecementos. "Trataríase de canóns que continuamente emitiran ozono para contrarrestar a posible presenza do virus", indica o seu presidente, Ramón García. Tamén fala deste sistema Sánchez-Ballesteros, que ademais subliña a importancia da redución dos aforos e da implantación doutros métodos como as lámpadas de raios ultravioleta. Sobre a colocación de biombos, Sánchez-Ballesteros considera que "non é o camiño": "Vémolo un gasto innecesario, non cremos que sexa un elemento hixiénico e ademais, dificulta moito servir as mesas". "Temos que asumir outros gastos máis prácticos, estamos traballando coas autoridades sanitarias, que son as que teñen que guiar", engade.

Brinde dun grupo de cervexas nun bar
Brinde dun grupo de cervexas nun bar | Fonte: Pixabay

A pesar de todas estas medidas que se barallan, dende a Federación de Hosteleiros de Pontevedra dubidan que se poida garantir ao 100% que non se vaian producir contaxios nos establecementos: "O cliente quita as máscaras e os guantes para comer ou para beber, isto abre un abano de complexidades moi serio", indican. Súmase a isto que "ninguén fixo tests masivos" e "non" se pode asegurar que os traballadores non estean infectados.

Neses bares e restaurantes con terrazas ao aire libre a situación é máis sinxela de solventar. Cumprirá aumentar a distancia entre mesas e formar adecuadamente os camareiros, fala Sánchez-Ballesteros. Cousa ben distinta acontece no interior dos locais. "Como facemos para acceder ao cuarto de baño, por exemplo? Habería que establecer un control para que as persoas non se crucen e limpar eses espazos constantemente". A aplicación das medidas tamén estará moi condicionada pola "grandísima variedade de establecementos hosteleiros" e diversas dimensións.

OS HOTEIS: APERTURA "MÁIS FÁCIL"

Outro mundo diferente é o dos hoteis. Aínda que de primeiras pareza que garantir a seguridade nestes espazos poida convertirse nunha odisea aínda maior ca en bares e restaurantes, o certo é que a súa apertura, quizais, resulte "máis sinxela". Segundo Sánchez-Ballesteros, "nestes establecementos poden levarse a cabo os mesmos mecanismos que hoxe teñen as empresas que xa están abertas: manter distancias, moito uso de xeles, guantes, máscaras..., certa restrición de aforos, desinfeccións estritas de zonas comúns... Deste xeito podemos manter o control; tecnicamente é máis fácil".

ECONOMICAMENTE, "AO BORDO DO ABISMO"

Se ben o desexo de todo o sector é volver abrir e poder, pouco a pouco, adaptarse a esta nova realidade marcada pola Covid-19, a maior preocupación está en que os números non dean e que non haxa maneira de revertilos. "A sensación é de que imos abrir para pechar", contan dende a Asociación Hostaleira de Pontevedra, que definen como "un drama" e "un caos" o estado económico do sector. "Atopámonos ao bordo do abismo". A impresión é a mesma en Ourense. Por parte da súa Federación de Hostaleiros, Ovidio Fernández denuncia que "despois dos miles de millóns que se barallan como perdas, a situación non fixo máis que empeorar". "As mensaxes que nos mandan apelan á tranquilidade, pero iso non responde as preguntas que como sector facemos", sentenza.

Espéranse ocupacións por baixo do 10% e cómpre tamén ter en conta que ao redor do 95% do sector está conformado por pequenas empresas. Perante esta dura situación, o sector esixe "axudas directas". "As empresas acóllense a ERTEs pensando que a volta vai ser plena, pero non será así. Necesitaranse a metade de traballadores dos que antes, porque o negocio non dará para os gastos que xere. Non serán rentables. Non descarto que moitos opten por botar o cerre definitivo, paréceme un escenario perfectamente posible", sinala Ramón García, da Asociación de Hostalaría de Compostela.

"Os cambios están chegando mal, tarde ou non se executan", denuncia agora Sánchez-Ballesteros, que especifica que a nivel bancario, os Fondos ICO aínda non se fixeron efectivos. Tampouco convencen as medidas impulsadas polo Goberno estatal respecto dos alugueres. "O sector demanda que durante o período de cerre haxa unha normativa que reduza ao 50% o aluguer dos establecementos. A norma que saíu este xoves só serve para dar un titular, pero realmente, non nos alivia. Sae beneficiado o 1% do sector". Segundo Sánchez-Ballesteros urxe tamén modificar a lei de ERTEs "para poder saír adiante". 

"As cousas están moi feas". Nisto concordan todos. Mais no medio do caos cómpre "buscar a maneira de que a xente volva aos locais" e que o faga "en condicións de absoluta seguridade, con tranquilidade e confianza, e sen preocupación polo contaxio", indica Ramón García. "Esa é a esencia". E nela traballan. Para adaptarse ás necesidades dos novos tempos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 nostrus

La gestion de este gobierno es todavia peor que la del Prestige, habida cuenta de que esta pandemia estuvo avisando dos meses antes. En aquel entonces la oposicion se hechó a la yugular del gobierno y con lo del ébola hizo otro tanto, pero el gobierno de ahora pide unidad y que no se le critique sabiendo que tomó las medidas con retraso para mantener la manifestacion del 8 M y darse un revolcón de masas, haciendose pasar por mejor defensor de las mujeres que los demás y permitió los actos mutitudinarios como el de Vox, cuando ya se habia suprimido el Movile y se habian hecho partidos de futbol a puerta cerrada. Total, para mantener la manifa del 8 M tambien permitió que tododios se contagiara, empezando por la ministra de superioridad Irena Montera y siguiendo por Ortega Smith y otras hierbas, que no pararon de toser. https://www.youtube.com/watch?v=V7g... https://www.youtube.com/watch?v=iZm...

1 fukolois

Non sabía eu que se podían prohibir manifestacións sen ter decretado o estado de alarma. Aqui hai moito aposteriori.

2 Gamela

precisamente é ao revés... baixo o estado de alarma NON se poden prohibir manifestacións, nin controlar redes sociais, nin pechar foros en xornais, nin tes que ir á perruquería antes de visitar á túa familia logo de 47 días baixo arresto domiciliario ! Por non falar das 800.000 multas arbitrarias que soportamos sen rechistar !

3 Gamela

por non falar dos muros de pago que recaudan datos e cartos para que a cidadanía non teña información sobre os asuntos legais... Este artigo dun profesor de Dereito Constitucional está baixo pago e/ou rexistro se queres saber PAGA ! https://www.farodevigo.es/noticias-...

4 nostrus

Lo que debemos estar muy vigilantes es que con la excusa de la pandemia nos cuelen una dictadura ahora que no nos podemos mover ni protestar y sabiendo que Sanchez tiene por socio al coletas. A Pablo Iglesias le encantaria que esta pandemia fuera un trampolin para su estrategia. Es muy importante que la prensa este libre y pueda moverse sabiendo que les gustaria que solo existiera una prensa oficial. Mucha atencion.

3 anonimo 2

Moi agudo “o cliente quita a máscara e as luvas para comer e beber”...e bem certo. Queda demostrado que para os bares teremos que esperar! Haverá que começar abrindo os locais mais rurais para clientes locais e logo a pequenos povos seguindo por pequenas cidades e sempre com clientela local. Os movimentos não essenciais (fora de casa comarca) tenhem que ficar proibidos por um longo período. Os hotéis? Só para pessoas que viagem por causa justificada, abri-los para turismo é uma completa irresponsabilidade pelo feito de que ninguém deve mover-se da sua comarca

2 A ver se volve o sentidiño

Calquera fórmula que non sexa volver á normalidade anterior sería unha estupidez, unha incoherencia e un suicidio.

1 nostrus

Tes toda a razón, pero de momento esta ben que o fagamos paulativamente

1 Gema Hernandez

Me he sentido muy representado en este artículo. Creo que invita a la reflexión, porque no sabemos cómo va a ser la desescalada, porque tendremos que sopesar en una balanza la vida y la economía (que en cierto modo también es vida). Antes estaba leyendo reflexiones aquí y aquí, y en cualquier caso quiero dar un mensaje de ánimo a todos los que están sufriendo, decirles que con un poco más de esfuerzo lograremos volver a la normalidad. Todos nos lo merecemos, merecemos tener salud y disfrutar de los pequeños momentos como los de antes. Un abrazo a todos.