GC Aberto

Grândola, vila morena

Hai 46 anos que Portugal a través da Revolución dos Caraveis, poñía termo á ditadura máis duradeira do século XX en Europa; un atípico alzamento militar que comezou cunha canción á que seguiron flores e abrazos.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 25/04/2020

Comparte esta noticia

Militares durante a Revolução dos Cravos, en Portugal, iniciada co Grândola Vila Morena, de José Afonso
Militares durante a Revolução dos Cravos, en Portugal, iniciada co Grândola Vila Morena, de José Afonso

Este 25 de Abril, fai 46 anos que nosa veciña Lusitania  espertaba  ao son de  Grándola,  Villa Morena,  unha canción  revolucionaria  de  Zeca  Afonso que emitida por Radio   Renascenza  chegaba ás ondas como transmisión inequívoca, contrasinal esperado,  para que se iniciase o levantamento militar  por parte do Movemento das Forzas Armadas -   MFA, cuxa significación foi coñecida pola revolución dos caraveis, acción,  que poñería fin á ditadura   salazarista que se mantiña no poder lusitano desde 1926.

 

Resulta significativo resaltar, que tras aquela xornada da toma do poder para  promover a transición democrática, os membros do alzamento, ademais de intervir e ocupar todos  os puntos estratéxicos do país,  tras o triunfo, como vencedores daquela contenda de caravel no fusil, unha das primeiras medidas tomadas   nas súas funcións de goberno, foi, erradicar o risco   involucionista, e en previsión cautelar a tal  perigo, promoveron a urxente  nacionalización  da banca  dada a significada posición do sector financeiro en sutís     asonadas   contrarrevolucionarias  ou a   obstaculización  na apertura  democrática.

 

A esperada estabilidade e progreso que  en boa lóxica debese acompañar o cambio de réxime, contra tal tendencia,  co paso do tempo, derivou cara á deterioración política, económica e social, creando unhas  condicións de quebranto que facilitaron a entrada en escena dunha  crise irreversible, cuxo  descontrol, foi  caldo de cultivo para que o neoliberalismo en  comandita cos mercados financeiros mantivesen un acoso sen tregua, que   planificadamente desembocou nun   plan de rescate, cuxas consecuencias, máis que  frear o retroceso económico,  sumiron  o futuro do país veciño na noite dos tempos.

 

A banca portuguesa tiña tomado o desquite pola confiscación  sufrida durante  o período   posrevolucionario,  e coa colaboración  necesaria da participación loxística do Fondo Monetario Internacional, aproveitando a debilidade dunha revolución fracasada e o desgaste dunha clase política, ineficaz e aburguesada,   converteron o   referente daquel cambio positivo,  nunha indecente oportunidade para satisfacer  os seus instintos máis perversos.

 

Así foi como, disfrazando  de auxilio a súa intervención en rescate, incentivaron o seu  verdadeiro obxectivo, que non era outro distinto  a crear as condicións apropiadas, para converter aquela crise que conxuntamente provocaran,  no maior  negocio especulativo imaxinable a favor  dos seus propios intereses.

 

Pero os mercados que manobraron  contra a  revolución daquel     abril do 74 , máis que celebrar a súa  vitoria  involutiva   debesen calibrar  a gravidade do seu éxito, por canto, ese inxusto  obxectivo en reproducir    o formato da sociedade dos dous terzos, onde tan só un terzo  se enriquece en desvantaxe  do resto,  onde se prodigan os desequilibrios  e o avance das inxustizas sociais  transfórmase nunha constante , esas circunstancias adoitan traer  o acompañamento  de efectos inversos ao fin que se persegue.

 

Non entenderon os  conspiradores   que a caída dun sistema malogrado, non representa o resultado de ningunha conquista,  senón a  exhortación   a forzar a capitulación dos dirixentes inadecuados no  seu empeño de contravir a finalidade da revolución, que non eran outros  que os membros  dunha dereita lusitana que tras a súa participación na confabulación foron  incapaces de sacar adiante a Portugal.

 

O pobo portugués nas urnas  freo é seco o seu proceso  de  involución    e reconduciu  o espírito da revolución  outorgando á esquerda  o poder Executivo do país, unha esquerda que non só  os sacou da recesión e a crise senón que demostrou a Europa que mais alá do seu fundamentalismo  neoliberal  outra política económica é posible, a de crecer  gastando na xente.

Portugal  foi capaz de conseguir  esta proeza porque a maxia foi posible  ao confluír as forzas de esquerda  no obxectivo común  de rivalizar coas correntes neoliberais e as súas políticas de recortes e austeridade, do mesmo xeito que desde a unidade  fixesen naquela  primavera  dos caraveis. 

 

No  abril máis insólito desde a revolución de 1974, esta vez non haberá a tradicional marcha pola avenida da Liberdade de Lisboa dado  o estado  de confinamento para combater a pandemia, só unha cerimonia institucional  de mínimos  constituirá o acto oficial, pero iso  non será impedimento para que o espírito  daquel abril de 46 anos atrás se manteña perdurábel no tempo, de tal modo que os confinados  desde as súas xanelas,   todos ao unísono,  entoen en viva voz  os sonoros acordes  de  Grándola Vila  Morena, para celebrar así o día da liberdade  e manifestar  unha vez máis a través da súa mensaxe,  que o pobo é quen máis ordena..

 

Menos mal que nos queda Portugal!

 

 

 

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Nos queda Portugal... para ir de visita ou a mercar ? Porque aquí estamos dando a volta ! Ese Novo Estado de cousas postcoronavirus estase asemellando demasiado ao Estado Novo portugués no que ten de autoritarismo e no que ten de estado policial permanente (?) Agora xa non chega con multar á xente senon que tamén os xornais pechan os seus comentarios aos lectores críticos co Goberno (non vaia a ser que se veña a ultradereita, din) ? Así imos transitar outros 60 días que sumados aos 47 que levamos presos xa superarán os 100 días de cortesía !!! Mira que se ao final deste conto non era cousa de Virus senon de Autoritarismos ?