Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/04/2020 | Actualizada ás 10:13
A Garda Civil interceptou en San Amaro (Ourense) a un condutor ao que imputou un delito contra a seguridade do tráfico por triplicar a taxa máxima de alcol permitida cando ía á farmacia, un dos desprazamentos permitidos no marco do estado de alarma.
Segundo informou o Instituto Armado, sobre as 18,00 horas do pasado 25 de abril, cando axentes realizaban labores de control na localidade San Amaro, interceptaron a un vehículo para efectuar as verificacións oportunas.
En concreto, foi identificado un veciño da localidade ourensá de San Amaro de 48 anos, que presentaba "claros síntomas de embriaguez", destacaron as mesmas fontes. Deste xeito, requiriuse o Equipo de Atestados da Garda Civil de Ourense que, tras realizarlle as probas correspondentes, constatouse un resultado positivo, ao triplicar o máximo de alcol permitido. Por iso imputóuselle un delito contra a seguridade do tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.