Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2020 | Actualizada ás 14:00
A Banda de Música de Arca lanza unha campaña - o #MozosChallenge - para recaudar alimentos para o Banco de Alimentos das Rías Altas e Cáritas de Arca. Faino baixo o auspicio do Eroski City de Arca e Vegalsa Eroski e logo do éxito colleitado co vídeo en corentena da muiñeira Mozos do Penedo que lanzaron hai pouco máis dunha semana.
A estas alturas roza xa as 4.000 reproducións na súa canle de YouTube. Foi tal a repercusión da versión desa coñecida muiñeira interpretada polas músicas e músicos da Banda de Música de Arca e acompañados polos máis pequenos da escola e os traballadores dos supermercados, que a iniciativa "non podía quedar aí", anuncian dende a Banda.
#UNBAILEUNQUILO
Por iso mesmo, e "conscientes de que "son tempos difíciles", a Banda de Música da Arca bota a andar agora unha iniciativa solidaria que leva por título #UnBaileUnQuilo. "Por cada baile que se comparta nas redes (Facebook ou Instagram) etiquetando á Banda de Música de Arca e incluíndo os dous hashtags da campaña (#UnBaileUnQuilo e #MozosChallenge) a cadea de
supermercados doará un quilo de alimentos".
Os alimentos conseguidos durante a duración da campaña irán destinados ao Banco de
Alimentos das Rías Altas e a Cáritas de Arca, dúas organizacións que xa traballan activamente no Concello do Pino.
Para animar á participación no challenge, a Banda de Música de Arca vén de publicar tamén uns cantos pasos de muiñeira para arrancarse a bailar!
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.