O Sindicato Labrego Galego e Fruga piden a dimisión do delegado do Goberno por "flagrante analfabeto"

Critican o "torpedeo permanente" deste representante en Galicia e acúsano de prohibir "a reactivación de mercados de proximidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2020 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (Fruga) demandan a dimisión do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, por "prohibir a reactivación dos mercados alimentarios de proximidade e a celebración de feiras de produtos agrícolas en localidades como Carballo, Sada, Teo ou Betanzos".

O delegado do Goberno, Javier Losada.
O delegado do Goberno, Javier Losada.

Estes mercados foron reactivándose en comunidades como Euskadi, Navarra ou Cataluña, así como nas Illas Baleares. En todas elas, estas feiras periódicas "ofrecen maiores garantías sanitarias que calquera supermercado", argumentaron este xoves os sindicatos galegos.

Con todo, acusan o Delegado do Goberno en Galicia de estar "incapacitado" para exercer o cargo "con equidade", xa que o consideran un "flagrante analfabeto" respecto da realidade galega e ao mundo rural.

Cren que a súa actitude somete a Galicia a unha discriminación "inxusta e absurda" con respecto a outras comunidades" e por todo piden a dimisión de Losada e que "se levante calquera prohibición que contradiga a norma ditada pola Xunta respecto dos mercados non sedentarios de alimentos agrícolas".

Esta normativa da Xunta fraguouse a través dun acordo entre a Consellería de Medio Rural e o Ministerio de Agricultura, para que a partir do pasado luns, 4 de maio, fose posible reabrir este tipo de feiras periódicas.

Na "realidade galega", os mercados de proximidade "están moito máis arraigados e son máis numerosos que en calquera das comunidades nas que si están permitidos". Polo que non aceptan o "absoluto desprezo a miles de familias que viven de comercializar directamente as súas producións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta