Denuncian que o Sergas “humilla” aos celadores do CHUS a pesar de loitar contra a COVID-19

Este colectivo critica que a Xunta premie merecidamente con días libres ao colectivo de enfermaría que traballou nas unidades do coronavirus pero que se teña esquecido deles.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/05/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

As celadoras e celadores  do Hospital Clínico de Santiago de Compostela (CHUS), denuncian que foron “humillados” pola xerencia a pesar de estar na primeira liña da batalla contra a COVID-19.

Asi, nun comunicado remitido a Galicia Confidencial lembran quea  pasada semana os controis B e C da 3ª planta do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, que tiveron unha importante carga de enfermos da COVI 19, pecharon para a súa desinfección. As súas enfermeiras e auxiliares de enfermería foron compensadas, pola súa loita contra a enfemidade con tres días de permiso con soldo aproveitando o peche.

Con todo, o colectivo de celadores, que tiveron a mesma carga de traballo e, quizais, din, “peores medidas de protección”, non recibiron ningún tipo de compensanción. “As celadoras son as primeiras profesionais da sanidade pública que reciben aos pacientes. Son as que trasladan aos pacientes aos diferentes servizos. Son as que entran nas habitacións de pacientes afectados de coronavirus para axudar á movilización de ditos enfermos”, lembra.

Neste sentido, lembran que as celadoras e celadores son, en definitiva, unha das categorías do sistema sanitario máis exposta á pandemia. “E para celebralo, a Xerencia do Hospital Clínico de Santiago, dirixida por Eloina Núñez (prima do presidente da Xunta, Núñez Feixoo), nunha incomprensible política de discriminación e desprezo absoluto hacia unha das categorías imprescindibles e peor valorada dos hospitais, ignora e humilla a uns profesionais que estiveron a pe de canon sen apenas protección durante a dura batalla do coronavirus, expoñendo a súa saúde e a da súas familias”, denuncia.

Ademais, asegura que o Sergas obriga a estes profesionais “esgotados e altamente presionados pola tensión vivida, a rotar por diferentes servizos e controis do hospital que, en algúns casos, son a primeira vez que frecuentan, no que parece un mezquiño castigo polo magnífico traballo realizado”. Por iso, esixen “o mesmo trato” que as demais categorías; os tres días libres con soldo.

Un celador transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un celador transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Medicina Natural

Non se enteran... os celadores os odian... as auxiliares as desprezan, os enfermeiras sinten desconfianza, e cos únicos con que contan son os médicos quen son quenes dirixen o cotarro... NOS ODIAN E QUEREN FACERNOS DESAPARECER!!!! PRIVATIZACIONS MEUS!!!-

1 Xosé

Colectivo disto, colectivo daquelo, todos somos iguais... A sanidade acabará privatizada por xente coma vós. Pero seguide culpando a Feijoó, que desta sacará 45.

1 Maria Maria

Home feijoo foi quen puxo ao frente da xerencia xa sabemos a quen, así q a culpa indirecta si a ten. E enton ti q recomendás calar e non queixarse por facer unha labor coma os demais, en primeira línea, e ter un trato diferente e discriminatorio. Claro será q hai traballadores d primeira, segunda e ata terceira