Axuda a que a cativada poida ter xogos en galego

Comeza un crowdfunding co obxectivo de publicar un novo xogo infantil na nosa lingua, o Dominó de Animais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/05/2020 | Actualizada ás 21:42

Comparte esta noticia

Dominó de Animais, é unha iniciativa de Acuto Games e Edicions, unha empresa dedicada á publicación de xogos e xoguetes en idiomas minoritarios e minorizados. Trátase dunha versión infantil con animais deste xogo tradicional. O seu obxectivo é “utilizar a lingua galega para aprendela e para que os nenos a normalicen na súa vida”.

O xogo de 28 cartas ten unha dinámica rápida e divertida, onde os nenos poden xogar uns cos outros ou cos adultos. O xogo consiste en xuntar o nome do animal que está nunha tarxeta co seu debuxo que está noutra, facilitándolle ao neno aprender os nomes dos animais e ser consciente do idioma no que xogan.

Dominó de Animais, un xogo tradicional en lingua galega
Dominó de Animais, un xogo tradicional en lingua galega

Acuto Xogos e Edicions é unha iniciativa centrada na publicación de xogos en asturiano que agora tamén queren trasladar ao galego. Este é segundo proxecto en galego de Acuto Games e Edicións despois de que o ano pasado tamén sacaran, a través de crowdfunding, O Xogo das Parellas. A campaña Crowdfunding comezou este xoves e xa levan recadado un 25%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Boa iniciativa, mais por que não apostamos pela bi normativa? Teremos todos os jogos na nossa língua. Aproveitemos todas as possibilidades das variedades da nossa língua. Bi normativa.