Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 18:59
Un cura ourensán enfróntase a dous anos de prision tras ser acusado de abusar sexualmente dun neno de 10 anos durante as clases de catequeses, no ano 2006. O Ministerio Fiscal presentou un escrito de acusación contra este home durante o exercicio da súa función sacerdotal nunha parroquia do partido xudicial de Ribadavia.
Segundo a Fiscalía, os feitos ocorreron mentres impartía as clases de catequeses para a preparación do sacramento da primeira comuñón, que levaban a cabo de maneira individual por parte do cura ao menor.
O escrito narra diferentes ocasións nas que o acusado "recibiu ao menor en calzóns e, con ánimo libidinoso, realizoulle tocamentos en diferentes partes do corpo", durante este período.
Como consecuencia do relatado, a vítima sofre "trastornos psicolóxicos derivados de depresión, ansiedade e baixa autoestima", ademais de padecer "sentimentos de indefensión e perda de confianza nos seus semellantes".
A Fiscalía solicitou impor ao acusado a pena de 2 anos de prisión e a prohibición de aproximarse á vítima a unha distancia inferior a 300 metros durante 3 anos, así como comunicarse con ela por calquera medio.
En materia de responsabilidade civil, o Ministerio Fiscal tamén estimou que o acusado deberá indemnizar á vítima con 10.000 euros, en concepto de danos morais. O xuízo celebrarase na Audiencia Provincial de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.