Oito anos de internamento nun centro tras agredir sexualmente a dous irmáns menores

O xurado tivo en conta a eximente de alteración psíquica.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/02/2025 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Un mozo acusado de senllos delitos de agresión sexual a dous irmáns menores, entre outubro de 2017 e outubro de 2018 e en xullo de 2020, aceptou catro anos e seis meses de prisión por cada un dos cargos, no xuízo fixado para este martes na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña.

No entanto, a condena foi conmutada por un total de oito anos de internamento nun centro para persoas con discapacidade psíquica. Fíxoo tras un acordo entre o Ministerio Público, a defensa e a acusación particular ao recoñecer os feitos o procesado e acordarse unha rebaixa da pena tras incluírse a eximente de alteración psíquica e a atenuante de reparación do dano. Tívose en conta tamén que abonase o procesado 10.000 euros ás vítimas en concepto de danos morais.

"No momento dos feitos, padecía atraso mental moderado, trastorno de déficit de atención con hiperactividade e trastorno de control de impulsos que afectaba as súas capacidades volitivas", explicou a fiscal en Sala. Deste xeito, a pena foi conmutada por oito anos de internamento nun "establecemento adecuado", catro por cada un dos delitos.

Así mesmo, as partes acordaron a prohibición de comunicarse "por calquera medio" coas vítimas e de aproximarse a eles a menos de 200 metros por un prazo de dez anos nun caso e de doce noutro. Ademais, de someterse a liberdade vixilida durante unha década.

Xuízo a un mozo
Xuízo a un mozo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta