Aproveita para "beber cercanía" e fomentar o consumo de cervexas artesanais galegas

Vinte produtores de cervexa artesanal crear unha plataforma dixital para dar a coñecer a súa produción de proximidade, fornecendo así unha nova cultura cervexeira.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/06/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A campaña “Beber Cercanía” pretende ser unha maneira de ofrecer ao mundo unha nova maneira de dar a coñecer a cervexa artesana feita en Galicia. Vinte marcas doutros tantos destiladores artesáns, impulsan desde a web cervexaartesanal.org, unha campaña para visibilizar este produto de cercanía e ao mesmo tempo, comercializar as súas bebidas desde a mesma web.

Cervexas Artesanas
Cervexas Artesanas | Fonte: cervexaartesana.org

“En tempos difíles toca reinventarse, apostar polo produto de cercanía e de calidade” din desde  Cervexa Artesanal. Con esta premisa fixeron fronte ao estado de alarma, creando unha plataforma desde a que ademais de dar a coñecer aos produtores, tamén se quere mostrar unha nova cultura da cervexa artesana como produto diferenciado e de calidade. Desta maneira, propoñen unha nova experiencia coa posibilidade de probar 28 variedades de cervexa, de entre os máis de 130 estilos existentes de elaboración.

Baixo esta proposta de cata, xace a idea de quereren romper cos tópicos do produto artesanal, deixando ver que as materias primas son de calidade, fermentadas con técnicas naturais e sen filtrado nin pasteurizado. Entre as diferentes propostas podemos percorrer un camiño polas cervexas loiras, tipo ALE ou Lager, cervexas afroitadas ou con toques especiados, as famosas IPAs ou cervexas máis aromáticas e amargas, así como outras opcións para os amantes das torradas ou as negras. De momento, son cinco as cervexarías galegas premiadas no concurso internacional de cervexa, Barcelona Beer Fest.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta