Estímase que o 18,8 % da poboación galega consume alcol a diario, o que supón 470.000 galegos e galegas. A idade media de inicio do seu consumo baixou aos 13,4 anos. "En Galicia atopámonos cun grave problema: o estigma que provoca o alcoholismo, que é brutal, e fai que as persoas non queiran recoñecer que teñen un problema, por vergonza", explican dende Alcohólicos Anónimos.