Todo listo para a Pontebirra, a feira da cervexa artesá de Pontevedra

Será entra en o 16 e 19 de xuño e contrá con máis de 100 tipos diferentes de cervexa.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 08/06/2022 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Os amantes do elixir de lúpulo e cebada teñen unha cita ineludible na Praza de España de Pontevedra entre os días 16 e 19 de xuño na IV edición de Pontebirra, a Feira da Cervexa Artesá de Pontevedra, onde poderán degustar a cifra récord de máis de 100 tipos diferentes de cervexa artesá.

Brinde dun grupo de cervexas nun bar
Brinde dun grupo de cervexas nun bar | Fonte: Pixabay

O evento gastronómico, organizado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns e La Ruta del Lúpulo SL en colaboración coa Concellería de Promoción Económica e Turismo e as firmas locais Nasa e Meiga, contará con cervexeiros procedentes de toda Galicia, Madrid, Castela e León, Castela A Mancha e Portugal e incluirá no seu programa concertos, DJ's, foodtrucks, obradoiros e xogos populares.

O festival será inaugurado o xoves 16 de xuño ás 19:00 horas, estando prevista tamén unha actuación de Brasi ás 20:00 horas para esa primeira xornada. Tal e como indica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, "o resto de días Pontebirra permanecerá aberta ao público desde as 12:00 horas, pechando portas á 1:00 o venres 17 e o sábado 18 e ás 22:00 horas no día clausura (domingo 19)".

Entre as cervexas presentes estarán as pontevedress Meiga e Nasa, Nós (Vigo), Irmaos de Lei (Vigo), Atlántica (Redondela), The One (Sanxenxo), Bubela (Lugo), Go (Madrid), Áncora (Ourense), Castreña (O Bierzo), Nortada (Porto), Siesta (Burgos) e Banda (Nigrán).

O organizador de Pontebirra, Esteban Loureiro, sinalou que "este é un festival de carácter familiar, que ten como obxectivo principal fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa, xerando así un espazo cultural diferente". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta