Por Galicia Confidencial | A Coruña | 16/02/2022 | Actualizada ás 21:00
#DeNaturalezaInconformista . É o novo hastag lanzado pola cervexeira Estrella Galicia que presume de todo, menos de ser galega. Un camiño completamente oposto ao das Tanxugueiras, o grupo do país que cantando en galego está levando a nosa cultura a todo o mundo.
Xa hai tempo que Estrella Galicia non quere ser de Galicia. Presume de todo menos de ser galega. Abandonou a política de promoción nos bares do país ao entender que era xa coñecida, pois xa lle chegaba. Craso error. Desde entón, outras marcas como Cruzcampo ou Mahou están asentandose en feudos tradicionais da cervexeira coruñesa.
A marca galega lanzaba hai uns meses ao mercado a súa nova imaxe máis sustentable. Deste xeito, a marca máis emblemática da compañía Fillos de Rivera introducía novidades na súa packaging e presumindo do seu compromiso coa sustentabilidade. "En Estrella Galicia no cambiamos por cambiar. O porque esté de moda. Cambiamos porque somos #DeNaturalezaInconformista como tú y porque queremos ser más respestuosos que nunca con el medio ambiente", apuntaba a cervexeira nun novo vídeo que acaba de lanzar o mercado.
MAHOU, Á CABEZA SEGUNDO KANTAR
O caso é que segundo o informe de Marcas de Gran Consumo que publicaba Kantar no pasado verán, para o que se realizaron 12.000 enquisas en fogares representativos da Península e Baleares, Mahou é a cervexa máis elixida a nivel estatal, e a preferida en cinco do dezaseis Comunidades Autónomas que participaron no estudo.
Esta marca de cervexa é a que máis gusta en Asturias, Baleares, Madrid, Castela e León e Castela A Mancha, pero continúa sen superar ás favoritas do resto de territorios. En Catalunya, Estrella Damm é a máis consumida, mentres que en terras galegas sucede o mesmo con Estrella Galicia. En Cantabria, País Vasco e Navarra prefiren San Miguel, e en Aragón, a Ambar, que só se fai co liderado nesta comunidade autónoma.
Amstel é a favorita de Estremadura e Comunitat Valenciana e, en Andalucía, Cruzcampo lidera o ranking. Estrella de Levante, en cambio, é a máis elixida os murcianos. Isto demostra que os consumidores continúan apelando á proximidade á hora de elixir cervexa, e confirma a importancia do factor local.
Para contrarrestar este informe, en setembro saía outro de Data Centric que contradecía ao anterior e apuntaba que era Estrella Galicia a favorita en 10 comunidades autónomas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.