Por E.P. | A CORUÑA | 26/11/2020 | Actualizada ás 18:19
Cervexas 1906 puxo en marcha un certame no que reta aos cervexeiros caseiros a que versionen o estilo dunha das súas cervexas máis premiadas, a 1906 Black Coupage, segundo informa.
Deste xeito, poderán presentar as súas diferentes propostas "e sorprender así aos mestres cervexeiros de Hijos de Rivera coas súas propias receitas dunha Dunkel Bock".
Todos aqueles que queiran participar terán que acreditar previamente a súa experiencia e inscribirse na web da marca www.cervezas1906.es. Entre os inscritos, haberá un máximo de 50 seleccionados que recibirán material que lles axude a traballar na súa propia receita de inspiración que lles axude a traballar na súa propia receita.
Un xurado de expertos cervexeiros de Hijos de Rivera será quen determine o campión e subcampión deste certame, que recibirán un premio de 700 e 350 euros, respectivamente, para investir na mellora do seu equipo doméstico de elaboración de cervexa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.