Un escaparate para os hosteleiros do futuro

Un total de 17 empresas que realizarán máis de 150 entrevistas no XII Workshop CSHG Alumini.

Por GC Emprende | Compostela | 23/02/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Asociación de Antigos Alumnos do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG Alumni) organiza, o próximo 28 de febreiro na súa sede da Barcia (Santiago de Compostela),a súa feira de emprego anual.

Alumnos dun centro de hostelería catan o aceite galego Olei
Alumnos dun centro de hostelería catan o aceite galego Olei | Fonte: Olei.es

Neste evento, que este ano celebra a duodécima edición, participarán unha selección dos grandes players do sector turístico nacional e internacional: Anpha Holdings, Carris Hoteis, Derby Hotels, Globalia, Grupo Hotusa, H10 Hotels, Hesperia, Horwath htl, Iberostar Hotels&Resorts, Jumeirah Hotels, Meliá Hotels International, NH Hotel Group, Nobu Hotels, Palladium Hotel Group, Sixt Rent a Car, Soho House e W Barcelona.

Un total de 17 empresas que realizarán máis de 150 entrevistas aos asociados co fin de cubrir 180 posicións de perfís moi variados, tanto junior como senior.

Ademais de xerar un espazo único de networking, esta xornada, que presume de converterse nun referente para o sector, completarase coa intervención de Verónica Ramallal, fundadora de Pekecha (consultora de marca persoal e social media), coa charla “Desenvolvendo a nosa marca persoal: Como atopar o teu valor diferencial”, aberta a calquera que desexe asistir, e cun seminario sobre os beneficios do servizo perfecto de cervexa, da man dos nosos colaboradores de Estrela Galicia.

Santiago eTapas, o concurso de petiscos da hostelería de Santiago
Santiago eTapas, o concurso de petiscos da hostelería de Santiago | Fonte: santiagoetapas.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta