Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2022 | Actualizada ás 15:30
A folga do transporte enfronta a súa décima xornada co abastecemento de multitude de produtos básicos pendentes dun fío cada vez máis fino. Primeiro foron os produtos frescos, a froita, o leite e a carne. Despois o peixe que volveu ao mar xa morto porque non había forma de sacalo das lonxas. Máis tarde chegou a quenda das grandes empresas do sector secundario que tiveron que frear a actividade porque non chegaba aluminio, ou ferro, ou o material que precisaran.
Nesta décima xornada, o Goberno negocia cos transportistas para chegar a un acordo que permita restablecer o tránsito de mercadorías por estrada e afrouxar a corda que nestes momentos afoga o pescozo da economía estatal. Se se chega ou non a un acordo queda aínda por ver. Os transportistas esixen nada menos que 1.000 millóns de euros en forma de compensación, unha cantidade que, ben é certo, non resulta tan grande como semella no marco dos presupostos de 2022.
Se a folga de transportistas remata finalmente na xornada deste xoves 24, deixará sobre o pó da contenda finalizada unha serie de interrogantes e dúbidas que dividiron á opinión pública como sempre acontece. Está a ultradereita detrás dos transportistas mobilizados? Trátase dun paro patronal ou son os traballadores os que se mobilizan? Resulta de xustiza que a mobilización dun pequeno grupo de profesionais arrastre moitos outros sectores ao seu paso? Isto din as redes.
Sobre a compensacións aos transportistas, non faltan xa as primeiras voces críticas contra o modelo previsiblemente adoptado polo Goberno para facer calar a folga: unha inxección de diñeiro público que, evidentemente, terá que partir das persoas que se mantiveron nos seus postos de traballo durante estas semanas. Así se lamentaba un usario de Twitter que parece acabar de descubrir o funcionamento dos sistemas redistributivos.
Dentro de poco seremos los contribuyentes y el resto de conductores quienes pagaremos la subvención del gasoil a transportistas y demás colectivos que lo pidan y consigan.
— RamiroGaliza (@RamiroGaliza) March 23, 2022
Vese que o aínda presidente da Xunta está a ter problemas na súa adaptación a Madrid --ou readaptación--. Os anos que pasou nas cómodas cimas de Insalud e Correos semellan carecer de efecto xa para un Feijóo que colleita lapotes por todos os os lados. Cuestións de xeografía á marxe, o de que o Goberno se "forraba" cos impostos non foi o seu mellor día.
No olvidar que quien empezó calentando las protestas con los transportistas fue el listo de Galicia diciendo q el Gobierno se forraba con los impuestos a los carburantes.
— Corduroy 💢 (@corduroy77) March 19, 2022
Esperaros una oposición embarrada y de la mano con Vox para incendiar la calle: pic.twitter.com/iUw3aeqTE5
Agora atácano tamén polo chamamento á intervención do Exército que tivo que enfriar a propia Margarita Robles. Estas cousas non pasaban nos días de San Caetano!
Feijoó, el que quería poner en #Galicia la vacuna obligatoria (que los jueces le echaron para atrás), quiere ahora movilizar al EJÉRCITO para acabar con la huelga de transportistas. Y luego, que Abascal es de ultraderecha y él es de centro moderado. pic.twitter.com/Dqgn0YvxSH
— Kary 💫 (@KaryCaicedo) March 23, 2022
Como sempre hai persoas concentradas nos aspectos realmente importantes das problemáticas diarias, este tuiteiro anónimo e de sospeitosos galóns verdes decidiu abrir o melón da auténtica batalla: a crítica ás torpes campañas de márketing da cervexa única do país galego. Esta é a resistencia que queren? Por menos estalou a Revolución Francesa.
La "Resistencia" se autodenomina Estrella Galicia. Escoltado con dinero público cuando la mayor parte de transportistas están en huelga. Que rule! Que se sepa que esta " Resistencia" se está equivocando.#huelgadetransportes #transportistashttps://t.co/zfLDgQSQNl
— 🇪🇸💚Ciudadano de Mundo II💚🇪🇸 (@CiudadanoIi) March 23, 2022
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.