(Vídeo) Marcha contra a privatización dos servizos públicos: "Cando sexa vello quero estar nun centro público"

Baixo o lema 'Por uns servizos sociais 100% públicos, universais e de calidade' distintas organizacións e partidos chaman a participar este mércores na capital galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/06/2020 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Unha marcha organizada por asociacións relacionadas coa poboación maior de Galicia percorrerá este 24 de xuño as rúas de Santiago en defensa do dereito a unha vellez digna e reclamará que os problemas das residencias se sitúen no centro do debate político que se xerará coas eleccións autonómicas do 12 de xullo.

Un profesional  acompaña a unha persoa maior
Un profesional acompaña a unha persoa maior | Fonte: MÁXIMO GARCÍA DA PAZ

Os convocantes do acto son o Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (Modepén), as Traballadoras das Residencias (TReGa) e asociacións de familiares de usuarios de residencias como Vellez Digna. Contan co apoio do PSdeG, o BNG, Galicia en Común-Anova-Mareas, Marea Galeguista, CUT e Anticapitalistas Galiza.

A marcha sairá ás 12,00 horas do mércores 24 de xuño da Alameda compostelá e terminará na praza do Obradoiro co lema 'Por uns servizos sociais 100% públicos, universais e de calidade'. O membro de Modepén Francisco Vizoso expuxo que se tomarán medidas para evitar contaxios, como a asistencia con máscara e a separación de dous metros. "Impórtanos moito que a marcha sexa segura", destacou.

Vizoso, que chamou á cidadanía a participar porque, "se non hai unha mobilización social ampla, non se conseguirá" que haxa uns servizos públicos de calidade, sinalou que con esta convocatoria aspiran a que os partidos políticos fagan do sector das residencias de maiores "un elemento central" na campaña electoral e que definan o seu modelo e impidan que as mortes nestes centros pola COVID-19 "queden impunes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Riolo

Por qué será que la gente de izquierdas cuando tiene pasta gansa acude a la sanidad privada y a las residencias privadas?

3 Sentidiño

Un servizo só "É NEGOCIO" cando unha parte do gasto vai para o beneficio dun parásito. Se suprimimos o parásito, temos o custe real dese servizo.

2 Sentidiño

Ningún servizo público debe someterse ao beneficio privado: se non hai negocio posíbel, é obriga de tod@s asumilo cos nosos impostos; se si hai negocio posíbel, moito mellor para tod@s: imos asumilo e beneficiarnos tod@a.

1 nostrus

Discrepo totalmente. Debemos tener derecho a una vejez digna y el resto es secundario. Publico en cuanto a que debemos costearlo entre todos, pero la gestion que sea privada con unas inspecciones que funcionen porque el estado por si solo es incapaz de gestionarlo él solo por ser una tarea gigantesca. Las cosas cuando funcionan es cuando son negocio y a su vez se hace negocio cuando se hacen las cosas bien. El estado debe hacer solamente leyes que garanticen que se haga justicia y que se respeten los derechos de todos.

1 Sentidiño

DomusVI e o cura don Benigno da deputación d'Ourense: "-Las cosas cuando funcionan es cuando son negocio". As mortes de DomusVI: https://www.gciencia.com/extra/as-1... O cura Benigno Moure: https://www.lavozdegalicia.es/notic...