Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2020 | Actualizada ás 14:26
O candidato de Galicia En Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, instou ao mandatario autonómico e aspirante á reelección, Alberto Núñez Feijóo, a "asegurar que non vai ser imputado nas próximas semanas ou meses" polos contratos da petroleira mexicana Pemex en Galicia.
As declaracións de Gómez-Reino chegan pouco despois da noticia de que o exdirectivo de Pemex Ignacio Lozoya aceptara ser extraditado a México. "Pode asegurar que non vai estar imputado en poucas semanas ou meses?", sentenciou Gómez-Reino, que lembrou que Núñez Feijóo "sacaba fotos e dábase a man" cun directivo ao que o Goberno mexicano acusa de lavado de diñeiro, suborno e fraude e que foi un dos impulsores da entrada de Pemex no estaleiro vigués Barreiras.
"Levamos tempo dicindo que o señor Feijoo e o PP tiveron unha absoluta inacción no ámbito industrial no país pero é que, ademais, cando fixeron algo, ou terminou nos xulgados ou con xente imputada ou en prisión, como é o caso de Pemex", incidiu o candidato da alianza de esquerdas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.